Ecosistema

comunidade de organismos vivos e compoñentes non vivas do ambiente

Un ecosistema é unha comunidade de organismos vivos considerados en conxunto coas compoñentes non-vivas do ambiente (como o aire, a auga ou os minerais), que interactúan entre si como un sistema.[1] As compoñentes bióticas e as abióticas interctúan a través dos ciclos de nutrientes e os fluxos de enerxía.[2] Xa que os ecosistemas se definen como unha rede de interaccións entre os organismos, e dos organismos cos seus ambientes[3], estes poden ser de calquera tamaño, inda que dun tamaño específico e limitado.[4] Con todo, algúns ecólogos consideran que o planeta enteiro é un único ecosistema.[5] Un ecosistema está composto por todos os organismos e factores abióticos dunha área definida co que se pode afirmar que é unha comunidade biolóxica interactuando entre si e co seu ambiente físico.

Características

editar

Nun ecosistema teñen lugar diferentes interaccións dos seres vivos entre si e entre estes e os factores ambientais abióticos. Trátase de sistemas abertos, dinámicos e complexos:

  • abertos: os ecosistemas transfórmanse debido a factores externos e novos,
  • dinámicos: os ecosistemas evolucionan sen a influencia de factores externos,
  • complexos: nos ecosistemas actúan de diversas formas tódolos mecanismos e estratexias da bioloxía.

Os elementos bióticos e abióticos exercen influencia entre si (interaccións) e transfórmanse mediante a sucesión e evolución.

Os seres vivos da biocenose inflúen no ciclo da materia e nos factores abióticos (factores ambientais) por medio de tres tipos de organismos:

  • Os produtores, organismos que crean materia orgánica a partir de substancias abióticas e da enerxía (luz solar, enerxía química etc.). Pertencen a este grupo principalmente as plantas e as bacterias.
  • Os consumidores, organismos que se alimentan dos produtores ou doutros consumidores (especialmente os animais, incluído o ser humano) e que producen, a partir destes, dióxido de carbono e sales nutrientes.
  • Os descompoñedores, os cales mineralizan os organismos produtores e consumidores (na súa maioría mortos) e convértenos de novo en substancias abióticas. Pertencen ao grupo dos descompoñedores principalmente as bacterias e os fungos.

Os ecosistemas inflúense uns ós outros: por ex., os ecosistemas mariños inflúen na atmosfera mediante o fluxo de enerxía e o ciclo da materia, e, ó influír na atmosfera, fano tamén nos ecosistemas terrestres (véxase efecto invernadoiro ou cambio climático).

Evolución dos ecosistemas

editar

Os ecosistemas funcionan de forma dinámica e evolucionan tamén cando se dan factores externos e constantes, nunha sucesión de varias fases ata unha posible etapa final, a etapa clímax. A etapa clímax lógrase, por exemplo, co aproveitamento de nichos ecolóxicos de especies inmigrantes e de mecanismos de expulsión.

Nunha etapa de clímax sen interromper, os ecosistemas regúlanse por si mesmos (autorregulación). Os seus compoñentes interaccionan entre si, de tal maneira que aparece un equilibrio de ciclos materiais e fluxos de enerxía (pola achega de enerxía solar, fluxo térmico terrestre e magma de chemineas hidrotérmicas, chamadas tamén fontes termais submarinas ou Black Smokers, que proceden de fondos mariños ou abisais). Doutro modo, non sería posible outra sucesión.

Concepto de ciclo en mosaico

editar
 
Ambiente estruturado en mosaico, nun arrecife coralino na Gran Barreira australiana

O feito é que, así e todo, distintas etapas dun ecosistema derivan de influencias ambientais alteradas e eventuais, con frecuencia, simultaneamente. Así, por exemplo, un incendio forestal causado por un raio pode crear terreos de sucesión non cubertos, na etapa clímax dun bosque. Deste modo, consérvanse a dinámica e as especies pioneiras necesarias que poden poboar áreas descolonizadas.

Nalgúns ecosistemas non sempre hai unha etapa estable de clímax constante. Tamén pode darse, sen influencias ambientais, unha sucesión constante de etapas que, despois de superar o máximo ecolóxico, pode transcorrer en reiteradas ocasións. De aí que o concepto de ciclo en mosaico defina a etapa clímax como un estado de grande intervalo de tempo, no que a sucesión se desenvolve sen cesar.

Estrutura e función do ecosistema

editar

Os ecosistemas pódense observar e subdividir tendo en conta a súa:

Esta clasificación incluso se superpón.

Importantes características e reguladores dun ecosistema son os ciclos materiais e os fluxos enérxicos (fluxo de enerxía e nivel trófico), amais do espectro de densidade ou a distribución. Realizouse unha gran subdivisión na cal os círculos especializados se tratan de forma máis concreta. Cando se analizan os ecosistemas enfocando a súa distribución, e non as súas relacións sistemáticas, fálase de ecotopo.

Tipos de ecosistemas

editar
 
Tundra ártica na Illa Wrangel, Rusia
 
Flora do deserto da Baixa California, rexión de Cataviña, México
 
Sabana na Área de Conservación Ngorongoro, Tanzania

Clasificación:

Os ecosistemas divídense en tres xéneros:

  • Os microecosistemas, os ecosistemas máis pequenos, acostúmase a utilizar este termo para os ecosistemas microscópicos (unha rama podre, unha comunidade de microbios etc.).
  • Os mesoecosistemas, os ecosistemas cos que xeralmente interactúa o home e outros animais de tamaño semellante (un bosque, unha lagoa, unha selva etc.).
  • Os macroecosistemas, estes ecosistemas comprenden grandes extensións de terra ou auga e comunidades, á súa vez abrangue os microecosistemas e os mesoecosistemas. Exemplos dos macroecosistemas son os Círculos polares, os Océanos e as cadeas montañosas.

Outra clasificación moi utilizada dos ecosistemas é polo seu carácter de terrestres ou acuáticos.

Ecosistemas terrestres

editar

Ecosistemas acuáticos

editar
 
Ecosistema acuático. Arrecife de coral en Timor
  1. Tansley (1934); Molles (1999), páx 482; Chapin et al. (2002), páx 380; Schulze et al. (2005); páx 400; Gurevitch et al. (2006), páx 522; Smith & Smith 2012, páx G-5
  2. Odum, Eugene P (1971). Fundamentals of Ecology (third ed.). New York: Saunders. ISBN 0-53442-066-4. 
  3. Schulze et al. (2005), páx 400
  4. Chapin et al. (2002), p. 380; Schulze et al. (2005); p. 400
  5. Willis (1997), p. 269; Chapin et al. (2002), p. 5; Krebs (2009). p. 572

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar