Duke Nalon
Dennis "Duke" Nalon (2 de marzo de 1913 - 26 de febreiro de 2001) foi un piloto estadounidense da Indy 500 de Chicago, Illinois.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1913 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de febreiro de 2001 (87 anos) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Andaina nas carreiras
editarNalon comezou como membro do equipo en boxes para Wally Zale. Nalon quentaba ocasionalmente o coche. Cando Walter Galven necesitou un piloto, Zale convenceu a Galven para que permitise correr a Nalon. Nalon gañou o evento.[1]
Nalon foi alcumado "O duque de ferro". Nalon formou parte da "Chicago Gang" con Tony Bettenhausen. Fixeron unha xira polos circuítos d medio oeste e a costa leste dos Estados Unidos.[1]
Coches midget
editarNalon gañou carreiras na costa leste dos Estados Unidos na década de 1930. Nalon competiu en coches midget ao longo da súa carreira. Correu a súa última carreira na única carreira de migets de 100-mile (160 km) en Terre Haute. Levou ao famoso midget de Johnny Pawl á vitoria. Rematou a súa carreira como comezou: cunha vitoria.[1]
Coches sprint
editarGañou o campionato da Costa Leste de 1938 da AAA Sprint car.[1]
Coches indy
editarNalon comezou dez carreiras nas 500 Millas de Indianápolis, acabando só 3. Partiu da pole dúas veces e fixo dúas veces a volta rápida. En 1947, competiu nun Mercedes-Benz W154.
Accidente nas 500 Millas de Indianápolis de 1949
editarEn 1949, estivo involucrado nun accidente masivo e con lume na curva 3. Chocou contra omuro e o coche estalou en chamas. Sobreviviu porque retivo a respiración (para evitar a asfixia) e saltou do coche mentres aínda estaba en movemento. Tiña graves queimaduras nas pernas o que lle provocou problemas ata a súa morte en 2001.
Resultados na Indy 500
editar
|
|
Resultados completos na Fórmula 1
editar(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Novi Mobil | Kurtis Kraft | Novi L8 | GBR | MON | 500 NSC |
SUI | BEL | FRA | ITA | NC | 0 | ||
1951 | Novi Purelube | Kurtis Kraft | Novi L8 | SUI | 500 10 |
BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP | NC | 0 | |
1952 | Novi Pure Oil | Kurtis Kraft | Novi L8 | SUI | 500 25 |
BEL | FRA | GBR | ALE | NED | ITA | NC | 0 | |
1953 | Novi Governor | Kurtis Kraft | Novi L8 | ARX | 500 11 |
NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 |
1954 | Novi Pure Oil | Kurtis Kraft | Novi L8 | ARX | 500 NSC |
BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
Resumo da súa carreira no Campionato Mundial
editarAs 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Duke Nalon participou en 3 carreiras do Campionato do Mundo. Comezou na pole unha vez pero non logrou puntuar no Campionato Mundial.
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Duke Nalon Indy 500 Race Stats Arquivado 8 de maio de 2006 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Duke Nalon |