Ducado de Spoleto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O ducado de Spoleto foi un territorio longobardo independente fundado aproximadamente no 570 ao sur de Italia.
Historia
editarO ano 568 os longobardos entraron na Península Itálica, ocupando gran parte dela. Crearon o reino longobardo con capital en Pavia e foi dividido en diversos ducados. Parte destes territorios situáronse ao sur do exarcado de Rávena, que aínda controlaba o emperador de Constantinopla. Un deles foi o ducado de Spoleto (na actual Umbría) onde entraron o 570. O interregno longobardo á morte do rei Alboíno deixou os duques independentes de feito e, na práctica, os ducados do sur (Spoleto e Benevento) tiveron un status de estado independente respecto aos reis longobardos, con breves períodos onde os reis puideron impoñer o seu poder.
Á sombra do ducado de Benevento, Spoleto mantívose nun segundo plano dentro da historia longobarda, pero nalgúns momentos os seus territorios eran importantes (Umbría, Lacio, as Marcas, e os Abruzzos). Cabe destacar as incursións que o duque Ariúlfo fixo contra os Bizantinos (579-592 contra Rávena; 592 contra Roma). Sucedeuno Teodelapo, fillo do primeiro duque Faroaldo I. Faroaldo II gobernou conxuntamente co seu irmán Waquilapo, e conquistou Classis, o porto de Rávena e saqueouno, pero o rei dos longobardos fíxolle restituír o botín. Faroaldo II foi derrubado polo seu fillo Transamundo ou Trasimundo II (724), que se sublevou contra o rei longobardo e se aliou co Papa Gregorio III, que o acolleu en Roma cando foi derrubado (739). Hilderico, que o substituíra, foi asasinado por Trasimundo, que recuperou o poder (740), pero o rei longobardo o depuxo e o enviou a un mosteiro (742) e nomeou duque a Axiprando, pero á morte do rei Liutprando, Trasimundo recobrou o ducado ata a súa morte o 745. Os reis longobardos ocuparon a miúdo o ducado persoalmente. Durante a segunda metade do século VIII diversos duques de Spoleto serían tamén reis dos longobardos.
Dous anos despois da caída do reino longobardo e da ocupación de Benevento, o propio ducado de Spoleto caeu en mans dos francos carolinxios de Carlomagno que tomara o título de rei dos longobardos. A pesar de que o territorio foi dado á igrexa, Carlomagno reservou o dereito de nomear os duques.
O duque Guido I que recibira ademais a señoría de Camerino, repartiu o ducado entre os seus fillos, Lamberto en Spoleto e Guido II en Camerino (con título de duque de Camerino). Lamberto loitou con sarracenos e bizantinos (867) e foi deposto o 871, pero restaurado o 875 e finalmente excomungado polo papa Xoán VIII. O 883 Guido II reuniu os feudos de Spoleto e Camerino.
Á morte de Carlos o Calvo o 888 Guido fíxose coroar emperador e rei de Italia polo Papa Estevo V (891) e no 892 o papa Formoso coroou ao fillo de Guido, Lamberto II, como duque, rei de Italia e emperador.
Alberico I, duque de Camerino (897) e despois de Spoleto (898), casou coa romana Marozia, a amancebada do Papa Serxio III (904-911), pero foi asasinado polos romanos o 924. O seu fillo Alberico II derrocou a Marozia en 932. O 949 o ducado foi ocupado polo rei de Italia e emperador Berengario II. O emperador Odón I segregoulle a terra chamada Sabina Longobardica e cedeuna ao Papa.
Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O 967 Odón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo Pandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o 989 a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o 999, e despois outra vez o 1010 (ata o 1020) e o 1043 (ata o 1057). O 1057 Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de Bonifacio de Toscana e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o 1158 (agás de 1093 a 1119 en que foi duque Werner II, margrave de Ancona, nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).
O 1155, Frederico I Barbarroxa destruíu a cidade pero foi reconstruída. O 1158 o ducado foi dado a Guelfo VI de Este. A partir de 1172 os duques nomeados polo emperador pertencían á casa alemá dos Urslingen. Á morte de Conrado de Urslingen o 1198 foi cedido ao Papa Inocencio III, pero o 1209 foi ocupado por Odón de Brunswick, que nomeou duque a Dipoldo de Vohburg. Finalmente o 1228 pasou ao Papa baixo un gobernador, xeralmente un cardeal. Aínda que a nivel local foi teatro de loitas entre güelfos e xibelinos, o cardeal Albornoz restaurou o pleno dominio pontificio o 1354.
O título de duque de Spoleto foi usado no século XIX pola casa de Savoia.
Listaxe dos Duques de Spoleto
editarDependentes do reino dos Longobardos
editar- Faroaldo I: 570-592.
- Ariúlfo: 592-602.
- Teodelapo: 602-650.
- Attón de Spoleto: 650-665.
- Transamundo I: (ou Trasimundo I) 665-703.
- Faroaldo II: 703-724.
- Transamundo II: 724-739 (ou Trasimundo II).
- Hilderico de Spoleto: 739-740.
- Transamundo II (segunda vez): 740-742.
- Axiprando: 742-744.
- Transamundo II (terceira vez): 744-745.
- Lopo de Spoleto: 745-752.
- Unnolfo de Spoleto: 752.
- Aistolfo de Friúl: (rei dos longobardos 749-756) 752-756.
- Ratchis de Friúl: (rei dos longobardos 744-749) 756-757.
- Alboíno de Spoleto: 757-759.
- Daufer ou Desiderio: (rei dos longobardos 756-774) 758-759.
Duques independentes
editar- Xisulfo: 759-763 (duque independente).
- Teodicio ou Teodorico de Spoleto: 763-773 (duque independente).
- Hildeprando de Spoleto: 774-776.
Duques feudatarios do Reino dos Francos
editar- Hildeprando de Spoleto: 776-788.
- Winixiso de Spoleto: 789-822.
- Suppón I: 822-824.
- Adelardo: 824.
- Mauringo: 824.
- Adelchis I de Spoleto: 824-834.
- Lamberto I de Nantes: 834-836.
- Berengario de Spoleto: 836-841.
- Guido I de Spoleto: 841-843.
Feudatarios de Lotarinxia (843-855) e do Reino de Italia
editar- Guido I de Spoleto: 843-860.
- Lamberto I de Spoleto: 860-871.
- Suppón II: 871-874.
- Lamberto I (segunda vez): 875-879.
- Guido II de Spoleto: 876-882.
- Guido III de Spoleto: (rei de Italia e emperador 891-894) 880-894.
- Lamberto II de Spoleto: (rei de Italia e emperador 892-898) 894-898.
- Alberico I de Spoleto: 898-924.
- Bonifacio I de Spoleto: 923-928.
- Pedro de Spoleto: 924-928.
- Teobaldo de Spoleto: 928-936.
- Anscar de Ivrea: 936-940.
- Sarlione: 940-943.
- Huberto de Toscana: 943-946.
- Bonifacio II de Toscana: 946-953.
- Teobaldo II de Toscana: 953-959.
- Transamundo III (ou Trasimundo III): 959-967.
- Pandulfo Testa de Ferro: (Duque de Benevento 943-981) 967-981.
- Transamundo IV (ou Trasimundo IV) (Duque de Camerino) 982-989.
- Hugo o grande de Toscana: (Hugo I de Spoleto) 989-996.
- Conrado de Spoleto: 996-999.
- Ademar de Spoleto: 999-1003.
- Román de Spoleto: 1003-1010.
- Rainerio: (Marcas de Toscana 1014-1027) 1010-1020.
- Hugo II: 1020-1035.
- Hugo III: 1036-1043.
- Á Toscana: 1043-1056.
- Ao Papa: 1056-1057.
- Godofredo da Baixa Lorena: (Duque da Baixa Lorena) 1057-1070.
- Á Toscana: 1070-1082.
- Rainerio II: 1082-1086.
- Á Toscana: 1086-1093.
- Werner I de Spoleto: (Werner II, Margrave de Ancona) 1093-1119.
- A Toscana: 1119-1158.
- Guelfo de Este: 1158-1172.
- Ridelulfo de Urslingen: 1172-1183.
- Conrado de Urslingen: (Conrado II de Spoleto) 1183-1190.
- Pandulfo II: 1190-1195.
- Conrado de Urslingen (segunda vez): 1195-1198.
- Ao Papa: 1198-1222.
- Odón de Brunswick: 1209-1210.
- Dipoldo de Vohburg: 1210-1222.
- Bertoldo I de Urslingen: 1222-1228.
- Rainaldo de Urslingen: 1228-1230.
- Conrado II de Urslingen: (Conrado III de Spoleto) 1227-1267.
- Bertoldo II de Urslingen: 1251-1276.
- Rainaldo de Urslingen: 1251-1276 (segunda vez).
- Cardeais gobernadores: 1228-1860.
- Guidantonio I Montefeltro: 1419-1443.