Diego Pezelho
Diego Pezelho Diego foi un xograr do século XIII, compositor de lírica galego-portuguesa.[1] Activo contra a segunda metade do século XIII.
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Traxectoria
editarSábese que era un xograr pola rúbrica que contén un dos cancioneros.[2] Estudosos como Giuseppe Tavani cren que é de orixe portuguesa, con todo, a súa presenza en Portugal, entre 1245 e 1247, puido deberse a que formase parte do séquito de Afonso X que tomou parte a favor de Sancho II de Portugal.[1][2]
Obra
editarConsérvase unha cantiga de escarnio e maldicir, recollida no Cancionero da Biblioteca Vaticana e no Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa.[3] É un sirventés político, en que simulando ser o comandante dunha fortaleza, ataca ao arcebispo por non ceder a praza a Afonso III, gardando fidelidade a Sancho II.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ 2,0 2,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 180. ISBN 84-8288-019-5.