O dereito á vida é o dereito que recoñece a calquera persoa polo simple feito de estar viva e que lle protexe da privación ou outras formas graves de atentado contra a súa vida por parte doutras persoas ou institucións. É posible levar a cabo unha fundamentación do dereito á vida desde diversos enfoques (filosóficos, antropolóxicos, sociolóxicos, éticos, biolóxicos, etc.); desde o punto de vista xurídico, trátase dun dereito fundamental: o primeiro de todos, ao considerar ao titular como xerador de calquera outro dereito posible. Neste sentido, foi consagrado de forma explícita nos tratados fundamentais internacionais, especialmente nos referidos aos Dereitos Humanos, e en moitas lexislacións nacionais de diversos países do mundo.[1] Integra a categoría de dereitos civís e de primeira xeración.

Manifestantes venezolanos en 2014 coun letreiro que di "Paz; Liberdade; Xustiza; Dereito á vida".

O dereito á vida non só protexe ás persoas da morte, senón de toda forma de malos tratos ou violencia que faga a súa vida indigna. Así, atentan contra a vida, o xenocidio (exterminio dun grupo pola súa nacionalidade, relixión, raza ou etnia), o terrorismo, a tortura, o secuestro ou a desaparición forzada de persoas (terrorismo de estado), a escravitude e os malos tratos.[2]

Tratados internacionais

editar

Está recoñecido en numerosos tratados internacionais: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, a Convención sobre os Dereitos do Neno, o Pacto de San Xosé de Costa Rica, a Convención para a Sanción do Delito de Xenocidio, a Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial, e a Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanas e Degradantes.

O dereito á vida está plasmado no artigo 3.° da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

"Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa".

O artigo 30, que pecha a Declaración dos Dereitos Humanos, tamén di: "nada na presente Declaración poderá interpretarse no sentido de que confire dereito algún ao Estado, a un grupo ou a unha persoa para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración"[3]

Así mesmo vén recollido no artigo 2º da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea:

Dereito á vida.
  1. Toda persoa ten dereito á vida.
  2. Ninguén poderá ser condenado á pena de morte nin executado.

Pena de morte

editar
 
O presidente Ronald Reagan reunido con representantes do Movimiento polo dereito á vida, 1981.
Artigo principal: Pena de morte.

A súa orixe desde o punto de vista do Dereito positivo tivo lugar en Roma, onde o primeiro delito castigado coa pena de morte foi o perduellio, traizón á patria. Máis tarde aplicouse tamén a outros delitos, sendo esta a pena imperante. Un tempo despois e aínda que sen ser abolida caeu en desuso, restablecéndose posteriormente cos emperadores.

Algunhas formas de execución son a lapidación, a roda, a fogueira, a forca, o garrote vil, a cadeira eléctrica, a inxección letal (utilizada actualmente nos Estados Unidos e a China), a Cámara de gas ou a guillotina (usada durante a Revolución Francesa).

Países con pena de morte

editar

Dos países membros da ONU, 55 manteñen a pena de morte e 102 países aboliron a pena de morte, segundo datos de Amnistía Internacional (2015).[4]

Situacións de conflito armado

editar

O dereito internacional non prohibe todos os tipos de violencia e guerra. O dereito á vida nestas situacións non é absoluto, nin rotundo. O dereito internacional humanitario busca impor restricións na maneira en que a violencia pode ser usada en tempos de conflito. Certas categorías de persoas, civís ou combatentes que deixaron as armas ou estean feridos, considéranse protexidos. O dereito á vida nestas categorías é sostido e pode ser violado por exemplo, con bombardeos indiscriminados, ou a execución deliberada, ou negando o acceso á comida, auga ou medicamentos.

Dereito de non expulsión ou devolución (non-refoulement)

editar
 
Protestas en Ferguson o 14 de agosto de 2014.

O dereito das persoas a non ser enviados pola forza a países onde as súas vidas poidan estar en perigo está protexido en certas situacións, este dereito tamén é coñecido como o dereito de non-expulsión ou devolución (non-refoulement).

Instrumentos rexionais e internacionais para a protección e promoción

editar

Os instrumentos xurídicos internacionais toman a forma de tratados (tamén coñecidos como acordos, convenios ou protocolos) que obrigan aos Estados firmantes. Cando se termina de negociar, o texto dun tratado ten o carácter de auténtico e definitivo, para o cal os representantes dos Estados asínano e ratifican. Especial importancia na abolición da pena de morte teñen o Protocolo n.º 6 e o Protocolo n.º 13 á Convención Europea de Dereitos Humanos aprobados no seo do Consello de Europa.

Os contratos obrigatorios poden ser usados para forzar aos gobernos a cumprir as provisións nos tratados relevantes para os dereitos humanos. Os instrumentos non obrigatorios, como son as declaracións e resolucións, poden ser usadas en situacións relevantes para avergoñar aos gobernos con publicidade negativa. Os gobernos, en consecuencia, se desexan protexer a súa imaxe internacional adaptarán eventualmente as súas políticas.[5]

  1. "Derecho a la vida". Enciclopedia jurídica. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  2. Derecho a la vida
  3. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 27 de novembro de 2010. 
  4. "DEATH SENTENCES AND EXECUTIONS REPORT 2015" (en inglés). Amnesty International. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  5. El derecho a la vida

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar