Deputación
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2018) |
Deputación é en España desde 1836 a institución á que lle corresponde o goberno e a administración das provincias. Tras a proclamación da Constitución española de 1978 recollese no Título VIII baixo a epígrafe "A organización territorial do Estado". Non obstante, nas comunidades autónomas uniprovinciais as súas funcións asúmeas a comunidade autónoma.
Historia e características
editarO propio texto constitucional define tamén provincia como unha entidade local determinada pola agrupación de concellos e división territorial. Esta entidade local, segundo o propio texto, e ao igual cós concellos e comunidades autónomas, gozan de plena autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses. Para esta xestión dota á provincia de personalidade xurídica propia.
Na súa actividade debe garantir os principios de solidariedade e equilibrio entre os municipios que a integran, para o que deberá asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do seu territorio dos servizos de competencia municipal e a participación na coordinación entre a administración local coa da comunidade autónoma e a do estado.
Para o funcionamento da deputación, esta organízase en varios órganos de goberno. Todas as deputacións terán: un Presidente, os Vicepresidentes, a Xunta de Goberno e o Pleno. Existen outros órganos chamados complementarios co obxectivo de estudar, informar ou consultar os asuntos que serán sometidos a decisión plenaria. Neste apartado sitúanse as coñecidas como "comisións informativas".
Estas corporacións, ás que se lles atribúe o goberno e a administración provincial, nas illas (Comunidade Canaria e Balear) teñen o nome de cabidos ou consellos.
Galiza
editarEn Galiza, cada provincia conta coa súa respectiva deputación:
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |