Dama de ferro

instrumento de tortura

A dama de ferro é un instrumento de tortura que consiste nun armario de ferro cunha porta cuberta de pugas na súa parte interior. Ten unha altura suficiente para pechar un ser humano no seu interior. Os primeiros escritos que citan o instrumento datan do século XIX. O seu uso é considerado unha lenda alimentada pola crenza no compoñente de brutalidade do medievo.[1] De feito, é moi difícil atopar evidencias reais do seu uso. A dama de ferro converteuse nunha imaxe moi popular nos medios de comunicación como elemento identitario da Idade Media.

Recreacións de varios instrumentos de tortura medieval. Á dereita, unha dama de ferro.

Historia

editar
 
Unha dama de ferro coa porta aberta

Existen, con todo, referencias de que o tirano espartanoNabis utilizaba un dispositivo similar contra o 200 a.C. para extorsión e asasinato. Disque o visir abbásida Ibn al-Zayyat ideara «unha hucha de madeira con pugas de ferro» para a tortura. Ironicamente, esta sería utilizada durante o seu encarceramento e execución en 847.[2]

Wolfgang Schild, profesor de dereito penal, historia do dereito criminal e filosofía do dereito na Universidade Bielefeld, argumentou que se construíron presuntas damas de ferro con pezas de museo para crear exposicións con fins comerciais.[3] Moitos museos de todo o mundo teñen expostas damas de ferro do século XIX, incluíndo oMuseum of Us de San Diego, o Museo da Universidade de Meiji[4] e varios museos de tortura[5][6][7] en Europa.

Posíbel inspiración

editar

As damas de ferro do século XIX puideron ser construídas a partir dunha interpretación errada do Schandmantel medieval, feito de madeira e metal mais sen pugas.[3][8] Tamén puido estar inspirada na execución de Marco Atilio Régulo a mans de Cartago, segundo Tertuliano en Ad Martyres e Agostiño de Hipona en De Civitate Dei. O cónsul «foi pechado nunha estreita caixa de madeira e obrigado a manterse de pé, e estaba rodeado de afiadas pugas, de xeito que non se podería apoiar en ningún lugar sen ser cravar nunha delas». O historiador grego Polibio narra que o rei Nabis de Esparta tiña unha estatua coa forma da súa muller, a Apega de Ferro, que utilizaba como instrumento de tortura. É considerada o antecedente máis antigo da dama de ferro.[9][10]

A dama de ferro de Nürnberg

editar
 
Copia da dama de ferro de Nürnberg exposta en Rothenburg ob der Tauber

A dama de ferro máis famosa foi a de Nürnberg, exposta posibelmente dende 1802. A orixinal perdeuse no bombardeo de Nürnberg por parte dos estados aliados en 1945. En 1890 J. Ichenhauser de Londres vendeulle unha copia «do Castelo Real de Nürnberg», elaborada para a súa exposición pública, ao Conde de Shrewsbury, xunto con outros dispositivos de tortura. Tras formar parte da Exposición Universal de 1893 en Chicago foi exposta en varias cidades dos Estados Unidos.[11] A copia foi poxada a inicios da década de 1960 e na actualidade forma parte da exposición permanente do Mittelalterliches Kriminalmuseum (Museo Penal Medieval) de Rothenburg ob der Tauber.

Algunhas fontes afirman que foi Johann Philipp Siebenkees quen inventou a historia do dispositivo.[12] Segundo o filósofo alemán, foi utilizada por primeira vez o 14 de agosto de 1515 por unha pena de falsificación de moedas.[3]

editar
  1. "vortrag" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2004. 
  2. Kraemer, Joel L. (1989). The History of al-Tabari Vol. 34: Incipient Decline (en inglés). SUNY series in Near Eastern Studies. p. 70. ISBN 978-0887068751. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Schild, Wolfgang (1998). Die Eiserne Jungfrau: Dichtung und Wahrheit (en alemán). Rothenburg ob der Tauber: Mittelalterlichen Kriminalmuseum. 
  4. "Museum". Meiji University (en inglés). 
  5. "Museum Schloss Kyburg" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2008. 
  6. "Museum of Torture". Český Krumlov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. 
  7. Robson, Seth (26 de xaneiro de 2006). "Prague: Torture museum offers a blood-curdling collection". Stars and Stripes (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 23 de abril de 2023. 
  8. "Schandmantel - Landesmuseum Württemberg". museum-digital:baden-württemberg (en alemán). 
  9. Polibio (1889). The Histories of Polybius (en inglés) 2. Traducido por Evelyn Shirley Shuckburgh. MacMillan and Co. Libro XIII, capítulo 7. 
  10. Pomeroy, Sarah B. (2002). Spartan Women (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780195130676. 
  11. "FAMOUS TORTURE INSTRUMENTS.; The Earl of Shrewsbury's Collection Soon to be exhibited Hero". The New York Times (en inglés). 26 de novembro de 1893. ISSN 0362-4331. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  12. Bishop, Chris (2014). "The ‘pear of anguish’: Truth, torture and dark medievalism" (PDF). International Journal of Cultural Studies (en inglés) 17 (6): 591–602. ISSN 1460-356X. doi:10.1177/1367877914528531. 
  13. Aparisim Ghosh (19 de abril de 2003). "Iron Maiden Found in Uday Hussein's Playground". [Ligazón morta]