Década de 400
Primeiro milenio | |||||
Século IV | |||||
| |||||
|
400
- Artigo principal: 400.
Asia
Imperio Bizantino
- 12 de xullo: o godo Gainas saquea Constantinopla.
- 23 de decembro : No seu refuxio de alén do Danubio, Gainas e os seus godos son atacados polos hunos, que masacran as súas tropas. A cabeza de Gainas é enviada, como presente do xefe huno Uldin, a Constantinopla.
Europa Occidental
- Celébrase o I Concilio de Toledo, que se ocupa dadisciplina eclesiástica, de aprobar unha regra de fe (veracidade de asunto controvertida) e da condena do priscilianismo.
- Estilicón é nomeado cónsul por vez primeira.
- Creación da provincia Baleárica en Hispania.
401
- Artigo principal: 401.
Asia
- Kumarajiva, monxe budista indio, tradutor de textos búdicos ao chinés. chega a Changan, a máis importante cidade da China da época.
Europa
- O xeneral romano Estilicón dirixe unha campaña contra os vándalos na Retia.
- Alarico I, rei dos visigodos, entra en Italia e saquea Bérgamo.
- 22 de decembro - Inocencio I inicia o seu pontificado.
Arte e cultura
- India: culmina a redacción do Mahabharata.
402
- Artigo principal: 402.
Asia
- Os ávaros (chamados ruanruan polas fontes orientais) estabelecen o seu dominio nómade entre Manchuria e o río Irtich.
Europa
- Inocencio I sucede a Anastasio I (ou nos días últimos de 401), na sede pontificia (até 417).
- 6 de abril - Batalla de Pollenza: Estilicón derrota os visigodos no Norte de Italia.
- Xuño - Batalla de Verona - Estilicón volta a vencer os visigodos de Alarico I na Italia setentrional.
- O emperador Honorio move a capital imperial occidental de Milán para Rávena, ante os últimos ataques dos visigodos contra aquela.
403
- Artigo principal: 403.
Asia
Europa
404
- Artigo principal: 404.
- O emperador romano Honorio converte Rávena en sede do Imperio Romano de Occidente.
- Arsacio, patriarca de Tarso substitúe a Xoán Crisóstomo como Patriarca de Constantinopla.
405
- Artigo principal: 405.
- Data tradicional da creación do alfabeto armenio.
406
- Artigo principal: 406.
407
- Artigo principal: 407.
408
- Artigo principal: 408.
- Durante o verán, o usurpador Constantino III faise dono de Hispania.
- Fundación do Reino de Galicia. (Isidoro de Sevilla no seu Historia Sueborum data en cento setenta e sete anos a duración do reino suevo; confírmanse as fontes na asturiana Crónica Albeldense, Cronicón Iriense e outras, e xa na historiografía moderna a partir do XVIII)
- Teodosio II é proclamado emperador romano de Oriente.
409
- Artigo principal: 409.
Asia
- Comezo do goberno de Ming Yuan Di, emperador da dinastía Wei Setentrional, na China (até 423), que sucede a Daowu.