Cunca sedimentaria
En xeoloxía e xeografía física, unha cunca sedimentaria, conca sedimentaria ou bacía sedimentaria é unha zona onde se depositan os sedimentos produto da erosión da superficie da Terra mediante, normalmente, acción fluvial.
Adóitase falar de cunca sedimentaria cando o espesor dos sedimentos é duns centos de metros e ten unha extensión de decenas de quilómetros cadrados, sendo habituais grosores de varios km e extensións de decenas de miles de km².
Exemplos de cuncas sedimentarias son: a conca do Ebro, a conca de Molasse (flanco norte dos Alpes), conca do Guadalquivir, conca do Ganxes (flanco sur do Himalaia), a bacía do Paraná.
A formación dunha cunca sedimentaria require unha achega de sedimentos e un lugar que favoreza a deposición dos mesmos.
A análise de cuncas é a parte da estratigrafía que se ocupa do estudo das cuncas sedimentarias. De feito, a análise das cuncas sedimentarias é o fin último dos estudos estratigráficos, integrando os datos estratigráficos dos materiais de recheo xunto a outros tectónicos, petrolóxicos, xeoquímicos etc.[1]
A principal importancia social das cuncas sedimentarias é que nelas danse as condicións ideais para a maduración de hidrocarburos.
A principal relevancia desde o punto de vista científico é que a estrutura e idade do recheo sedimentario das cuncas constitúen o mellor rexistro de eventos de deformación tectónica e doutros procesos xeolóxicos.
Tipos de cuncas
editarFormadas xunto a oróxenos compresivos debido á flexión da litosfera terrestre baixo o peso das rochas apiladas durante a colisión tectónica. Ex.: Cunca do Ganxes, xunto ao Himalaia.
Cuncas sedimentarias marxinais
editarFormadas nas marxes dos continentes, xeralmente fronte ás desembocaduras de ríos de importancia. Ex.: Delta do Nilo.
Cuncas sedimentarias extensivas
editarFormadas en zonas onde a codia terrestre foi estendida e adelgazada. Ex.: Graben do Rin.
Cuncas sedimentarias de pull-apart
editarFormadas en zonas de desgarre tectónico. Ex.: Mar Morto.
Cuncas sedimentarias carbonatadas
editarFormadas por acumulación de carbonato cálcico biótico. Ex.: Cunca do mar Caribe.
Notas
editar- ↑ Vera Torres, J. A. (1994). Editorial Rueda, ed. Estratigrafía. Principios y métodos. Madrid. p. 806. ISBN 84-7207-074-3.