Crecente, Crecente
San Pedro de Crecente é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña 475 habitantes (259 mulleres e 216 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.
Crecente | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Crecente. | |
Concello | Crecente[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′08″N 8°13′24″O / 42.15218081, -8.2232543 |
Poboación | 434 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarIgrexa de San Pedro de Crecente, de transición románico-gótico. Consta de ampla nave rectangular con cuberta alintelada de madeira e presbiterio cuberto a base de bóveda apuntada. Nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, ábrese un espazo que acubillou o sepulcro de Inés de Castro, agora depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra. Conserva unha variada colección de canzorros, un escudo e unha fiestra no centro do testeiro absidal que consta de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Crecente.
Lugares e parroquias
editarLugares de Crecente
editarLugares da parroquia de Crecente no concello de Crecente (Pontevedra) | |
---|---|
Abelán | O Castro | A Costa | O Coto | Crecente | Currás | Os Fernández | Os Gorrións | O Lameiro | Lobariñas | Montecelo | Os Piñas | Os Piñeiros | Rego de Auga | A Rubia | A Serra | Valeixe |