Creacionismo (literatura)
O creacionismo foi a escola que deu maiores achados vangardistas na literatura galega. Coincide globalmente co cubismo literario no valor que da ao instantaneísmo (nun só instante percibimos as cousas sen seren coordinadas) e prodúcese o fragmentarismo de imaxes.
O iniciador foi o poeta chileno Vicente Huidobro. O seu obxectivo: crear un poema, como obra á parte, transformando motivos tirados da vida para lles conferir unha existencia nova e independente. Nada anecdótico, nin descritivo: o artista deberá transpor os feitos tal como os vive o espírito. O poeta é quen de crear, como Deus, novas existencias.
O maior achado creacionista na literatura galega foi De catro a catro de Manuel Antonio.
O creacionismo galego. Principais características
editarSe ben Manuel Antonio foi o principal autor creacionista da nosa literatura, podemos achar a pegada deste movemento noutros poetas. Con isto, non estamos a dicir que o escritor rianxeiro crease escola, posto que o creacionismo foi unha illa na nosa literatura. Achamos reminiscencias creacionistas en Tempo de Outono e Outros Poemas, de Xosé María Castroviejo; en Mar ao Norde, de Álvaro Cunqueiro; en Corazón ao Vento, de Aquilino Iglesia Alvariño (libro onde encontramos igualmente trazos do surrealismo);...
As principais características do creacionismo en Galiza foron as seguintes:
- Vocación cosmopolita, con abundate utilización de estranxeirismos.
- Grande uso de imaxes. As imaxes son sempre autónomas, mais carecen de continuidade, de maneira que só aparecen encadeadas ao final do poema.
- Creación dunha visión plural da realidade, a través das imaxes autónomas.
- Utilización de termos da linguaxe técnica e científica (do chamado na década de 1920 linguaxe do mundo moderno), a cal xa estaba presente nos movementos de vangarda desde o Futurismo (1905).
- Escaso emprego dos signos de puntuación, o cal crea interpretacións subxectivas.
- Tentativa de crear textos carentes de ritmo, rima e musicalidade, aínda que no caso de Manuel Antonio non sempre se acada este obxectivo.
- Creación dun coro de voces, de maneira que o poema deixa de ser a expresión dun único suxeito lírico.
- Carencia de unidade e uniformidade espazo-temporal.
- O antisentimentalismo, mediante o cal o poeta narra obxectivamente o contado no poema. Manuel Antonio non chegará a prescindir totalmente do elemento sentimental.
O Creacionismo en castelán
editarO Creacionismo foi un movemento literario iniciado polo poeta chileno Vicente Huidobro sobre o ano 1912; O mesmo Huidobro definíuno como “una teoría estética general” máis que escola da arte.
O Creacionismo baséase na idea dun poema como cousa verdadeiramente nova, creada polo autor para si mesmo, non por favor ao lector, non uniforme para ser entendido polo seu propio autor. Huidobro propuxo que a poesía non debe ser un comentario, algo escrito sobre algo máis. Nas súas propias verbas:
[Poema creado A] es un poema en el cual cada componente, y el conjunto, demuestra un nuevo hecho, independiente del mundo externo, no limitada a cualquier otra realidad excepto sus el propios, puesto que toma un lugar en el mundo como fenómeno singular, separado y distinto de los otros fenómenos. Ese poema es algo que no puede existir excepto dentro de la cabeza del poeta. Y no es hermoso porque conmemora algo, él no es hermoso porque nos recuerda cosas que hemos visto que eran hermosos alternadamente, o porque describe las cosas hermosas que pueden venir considerar. Es hermoso en sí mismo y no admite términos de la comparación. Y ni unos ni otros se pueden él concebir fuera del libro. Nada en el mundo externo se asemeja a él; hace verdadero qué no existe, es decir, se da vuelta en realidad. Crea el maravilloso y te da una vida sus el propios. Crea las situaciones extraordinarias que pueden nunca existir en el mundo objetivo, de que que tendrán que existir en el poema de modo que existan en alguna parte.
Huidobro cita como inspiración algúns “poemas admirables” de Tristan Tzara, a pesar de que a súa “creación” sexa máis formal que fundamental, e tamén algúns traballos de Francis Picabia, de Georges Ribémont Dessaignes, de Paul Éluard, e dos poetas españoles Juan Larrea e Gerardo Diego (ao que Huidobro lles chamou “os dous poetas españois do creacionismo”).
O poeta tamén demanda que a poesía do creacionista estea a carón da súa propia natureza universal e por universal traducible, “puesto que los nuevos hechos siguen siendo idénticos en todas las lengüetas”, mentres que os outros elementos tal como a rima e a música das palabras, varían entre idiomas e non poden ser traducidos con facilidade, provocando deste xeito que o poema perda parte da súa esencia.