Corniños
Corniños | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Lotus corniculatus L. |
Os corniños (Lotus corniculatus L.) tamén coñecida coma zoco de noiva ou trevo de cornos[1], é unha planta fanerógama pertencente á familia das leguminosas (Fabaceae), nativa de pradeiras temperadas de Eurasia e norte de África. É común en Galiza.
O xénero Lotus sp. comprende unhas 100 especies distintas, dentro das cales o Lotus corniculatus é a máis interesante en canto a aproveitamentos forraxeiros.
Descrición botánica
editarTrátase dunha especie perenne xeralmente coa base leñosa, de talle variábel até os 40 cm de lonxitude, aínda que adoita ficar nos 20 cm polo seu porte decumbente e rastreiro. Tralo seu primeiro ano de crecemento desenvolve a coroa da que nacen axilarmente as ramificacións. Desta tamén xorde unha raíz pivotante.
Presenta follas sésiles (sen pecíolo) de cinco folíolos dispostos coma os dedos dunha man: un terminal, dous opostos e outros dous na base do raque, a xeito de estípulas desenvolvidas. Os folíolos acadan unha lonxitude nunca superior aos 17 cm, cunha forma ovoide.
O pedúnculo no que se inserta a inflorescencia en umbela é de orixe axilar. A súa corola é amarela, coa forma típica que presentan as leguminosas: de simetría zigomorfa con cinco pétalos (vexilo, carena e dúas ás). O cáliz presenta sépalos de igual lonxitude e dereitos. O androceo non conta con máis de 11 estames.
O froito é un legume de dehiscencia lonxitudinal, de menos de 4 mm de grosor. Ten a forma característica dunha pata de paxaro (carácter do que colle o seu nome común en inglés: “birdsfoot trefoil”). O legume contén de 10 a 30 semententes e ten un alto grao de dehiscencia na madurez, retorcéndose en forma de espiral, especialmente cando a súa humidade é inferior ao 40%.
A semente é arredondada de 1 a 1,5 mm de diámetro, de cor marrón, ás veces punteadas de violeta.
Distribución e hábitat
editarÉ orixinaria do oeste de Europa e o norte de África. Distribúese tamén polo nordés e o oeste central dos Estados Unidos (preto de 1 millón de ha cultivadas), o sueste do Canadá (200.000 ha cultivadas) e o sur de América latina. É unha planta característica dos pisos montano e subalpino. Pódese incluír nas dúas clases de comunidades vexetais, ambas as dúas das zonas eurosiberiana e mediterránea:
- Clase Molinio – Arrhenatheretea.
- Clase Festuco – Brometea.
Pódese atopar en toda a Península Ibérica, predominando na zona norte. Segundo E. Muslera
En España a utilización dos lotos é moi escasa e non existen datos do seu comportamento no noso país, no que aínda non se atopou utilidade práctica ás condicións destas plantas. Nin na zona cantábrica, nin baixo rega no sur, demostrou unha produtividade interesante.Muslera Pardo, E de, Praderas y forrajes: producción y aprovechamiento
Aproveitamentos forraxeiros
editarÉ un pasto excelente para o gado ovino, xa que ao pacer eliminan as especies máis altas que poderían ser un inconveniente para o seu crecemento. O seu aproveitamento no verán é moi interesante, xa que nesta época os rendementos das leguminosas, agás a alforfa, vense moi comprometidos. Produce un feo de moi boa calidade con alta proporción de follas e talos finos, para o que deberá cortarse en plena floración. Tamén é indicado para a ensilaxe.
- Contido de proteína bruta
Como % da materia seca, para Lotus corniculatus (adaptado de Echeverría et al., 1986)
- Estado fenolóxico
- Vexetativo: 27,1
- Plena floración: 15,9
- Dehiscencia de sementes: 11,6[2]
Outros usos
editarUnha variedade de floración dupla lanzouse coma planta ornamental.
É unha importante planta apícola, polo seu néctar para moitos insectos; e é comida por larvas de moitas especies de Lepidoptera (bolboretas) como Zygaena filipendulae. É regularmente incluída como compoñente da flora silvestre de Europa.
Variedades
editar- Lotus corniculatus var. crassifolia Fr.
- Lotus corniculatus var. kochii Chrtková
- Lotus corniculatus var. maritimus Rupr.
- Lotus corniculatus ssp. afghanicus Chrtková
- Lotus corniculatus ssp. carpetanus (Lacaita) Rivas Mart.
- Lotus corniculatus ssp. corniculatus L.
- Lotus corniculatus ssp. frondosus Freyn
- Lotus corniculatus ssp. fruticosus Chrtková
- Lotus corniculatus var. japonicus Regel[3]
Notas
editar- ↑ Nomes comúns galegos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Miñón, D.P.; G. H. Sevilla; L. Montes; O. Fernández, "Lotus tenuis y corniculatus: leguminosas forrajeras para la pampa deprimida", en Boletín Técnico N° 98, INTA E.E.A Balcarce, 1990. Arxentina.
- ↑ "Lotus corniculatus L.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-03-03.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corniños |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corniños |