Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertence ó Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

Consello Superior de Investigacións Científicas
CSIC
Consejo Superior de Investigaciones Científicas
Sede central CSIC.
Información xeral
Formación 24 de novembro de 1939 (84 anos)
Precedente Junta para Ampliación de Estudios
Sede central C/ Serrano, 117. 28006 Madrid
Empregados 11 112 (2017)
Orzamento 624 millóns de euros (2017)[1]
Director Rosa María Menéndez López
Sitio web
www.csic.es

Fundouse no ano 1939, en substitución da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) que se fundara no ano 1907 no seo da Institución Libre de Enseñanza (ILE).[2] A ILE comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa e tiña contado con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi. A JAE foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal até o seu pasamento en 1934, e foi reestruturada polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre,[3] pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibáñez Martín, e por outra o membro do Opus Dei, o edafólogo José María Albareda. En xullo de 2024, foi o CSIC retirou un cadro en homenaxe ao seu primeiro director da ditadura, debido á súa participación na represión franquista.[4]

Funcionamento

editar

Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril).

Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, de acordo coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), son:

  • Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
  • Asesorar ás administracións en materia científica.
  • Fomentar a ciencia
  • Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
  • Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
  • Formación de investigadores e técnicos científicos.
  • Colaborar co Plan Nacional de I+D.

Divulgación

editar

Dentro do fomento da ciencia, o CSIC contempla tamén a divulgación. Así, durante a pandemia do COVID-19, na súa web púidose ver unha páxina cunha relación de ligazóns a instruméntos didácticos e de iniciación á investigación.[5]

Delegación en Galicia

editar

Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Conta cunha Unidade de Cultura Científica (UCC) para promover a divulgación.[6]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar