Confederación
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Unha confederación é unha forma de asociación. Como forma máis específica de asociación, a confederación é tamén unha forma de organización política.
Pode aplicarse ó Dereito internacional público como asociación entre estados soberanos, pero tamén se utiliza en Dereito privado para referirse a unha forma de asociación de varias asociacións cunha fin común.
A confederación diferénciase da federación en que na primeira os membros manteñen altas cotas de autonomía e o poder central é limitado, mentres que na segunda os federados renuncian a parte das súas competencias, sendo máis forte o poder central. Acotío os elementos compoñentes dunha Confederación son á súa vez federacións, e non unidades unitarias.
Dereito internacional
editarEn Dereito Internacional, denomínase confederación a aquela asociación establecida entre estados soberanos a través de tratados ou constitucións comúns, destinada a lograr unha complementariedade entre eles en diversos asuntos, como defensa ou comercio.
O termo confederación aplícase para referirse a diversos estados ó longo da historia, como a Confederación Perú-Boliviana (1837-1839) ou os Estados Confederados de América (1861-1865).
No Norte de España durante a Terceira Guerra Carlista conformouse unha confederación baixo o pretendente carlista Carlos María de Borbón y Austria-Este, autoproclamado Carlos VII, que aglutinou os territorios forais de Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra, con ministerios comúns, moeda e infraestrutura de transportes de ferrocarril. Esta confederación ou "Estado Carlista" tivo unha vida efémera, aínda que sentou as bases para futuras concepcións federais e confederais de España. Tamén na Arxentina trala separación das 13 provincias de Buenos Aires, adquiriron o nome de Confederación Arxentina. Trala unión de Bos Aires á Confederación, este realizou cambios (por exemplo no canto de confederación puxo nación). Hoxe en día segue sendo o nome oficial da Arxentina, como as outras denominacións utilizadas en Constitucións preexistentes (son Confederación Arxentina, República Arxentina e Provincias Unidas de Suramérica)
Dereito privado
editarNo Dereito privado unha confederación é unha forma de organización na que os seus membros conservan a soberanía fronte ó órgano común resultante. Sindicatos, organizacións empresariais e outras asociacións privadas poden tomar a fórmula da confederación.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |