Condado de Champaña

xurisdición feudal de Francia

O condado de Champaña era unha xurisdición feudal de Francia, formada pola unión de varios condados da casa de Blois (Meaux, Provins e Troyes) e varios señoríos; durante un tempo dominaron o condado de Reims pero finalmente non o deron conservado. O condado tiña autoridade feudal sobre varios señoríos e condados como Rumigny, Châtillon, Epernay, Vitry, Nogent, Château Renard, Mezieres, Bray, Grandpré, Braine, Joinville, Rethel, Porcien, Joigny, Bar-sur-Aube e Bar-sur-Seine.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Champaña
Comté de Champagne (fr) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalTroyes (1125–século XII)
Provins (século XII–1335) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo XII Editar o valor en Wikidata
Disolución1314 Editar o valor en Wikidata

Condados de Francia contra 1030.
Condados de Francia contra 1180.

Historia

editar

En 1152 á morte de Teobaldo IV o Grande de Blois, os dominios da casa dividíronse en tres grupos:

O fillo máis vello Henrique I, o liberal, recibiu estes territorios baixo o título de Conde de Champaña e Brie (Champaña era o nome da rexión de Troyes e señorías anexas, e Brie o nome da rexión de Meaux e señorías próximos); Teobaldo V, o segundo fillo, recibiu Blois, Chartres, etc. e o pequeno Estevo, o condado de Sancerre. O primeiro que usara o título de Conde de Champaña no canto de Conde de Troyes foi Hugo I sobre 1102.

A liña do condado extinguiuse con Henrique III de Champaña (rei Henrique I de Navarra) ao que herdou a súa filla Xoana de Champaña ou Navarra, que trouxo aos condados do seu marido, o rei Filipe IV de Francia. Champaña e Brie xa non saíron do dominio real.

Lista dos Condes de Champaña

editar

Véxase o condado de Troyes (Champaña) e o condado de Meaux (Brie).

Condes de Troyes e Meaux (con Provins)

editar

Casa de Vermandois

editar

Casa de Blois

editar

Á morte de Teobaldo III, os dous condados da campaña foron separados:

Condes de Meaux
Condes de Troyes

Condes de Champaña e Brie

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Auguste Longnon, Documents relatifs au comté de Champagne et de Brie, 1172-1361, Imprimerie Nationale, París 1901 : Presentación, Volume primeiro, Volume segundo e Volume terceiro.
  • Michel Bur, La formation du comté de Champagne (v. 950-v. 1150), Nancy, 1977.
  • Arnaud Baudin, Emblématique et pouvoir en Champagne. Les sceaux des comtes de Champagne et de leur entourage (fin XIe-début XIVe siècle), Éd. Dominique Guéniot, Langres, 2012.
  • Alphonse Roserot, Dictionnaire historique de la Champagne méridionale (Aube) des origines à 1790, Langres, 1943.

Ligazóns externas

editar