Comarca do Morrazo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 82.439 (2021) (586,17 hab./km²) | ||||
Xentilicio | morracense | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 140,64 km² | ||||
É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia).[1] Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).[2]
É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.
O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo.
Municipios
editarPP BNG Alternativa Canguesa de Esquerdas]] Os municipios que forman a comarca do Morrazo son:
Bueu: Municipio de 11.950 habitantes[3] situado ó noroeste.
Marín: Municipio de 24.242 habitantes[3] situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña.
Moaña: Municipio de 19.452 habitantes[3] situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros.
Cangas do Morrazo: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel 26.708 persoas.[3] É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.
Vilaboa: Este municipio foi historicamente da comarca do Morrazo, pero agora pertence á de Pontevedra.
Economía
editarA economía da comarca baséase no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 34.000 persoas.
Delas teñen emprego 29.821 (xuño do 2022) e están desempregadas 5.630.[4]
O Morrazo posúe varios portos:
Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.
Porto de Cangas: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.
Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.
Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no municipio de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta conta con numerosas praias e numerosos quilómetros de costa.
Sectores produtivos na Comarca do Morrazo | |
---|---|
Sector Primario | 8,76 % |
Sector Secundario | 23,43 % |
Sector Terciario | 67,74 % |
Demografía
editarA poboación do Morrazo era de 82.439 habitantes no 2021. A comarca conta cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Ao longo da década dos anos dez do século XXI, o concello de Marín foi superado polo de Cangas en poboación.[5] O número de habitantes de Cangas mantívose á alza durante todo o século XXI, experimentando un crecemento constante durante os anos. Caso semellante, pero menos importante en canto a cifras foi Moaña que mantivo unha lixeira tendencia ascendente, mentres que pola contra no de Bueu e especialmente no de Marín a tendencia foi descendente.[5]
Padrón municipal 2020 | 82.226 habitantes[4] |
---|---|
Menores de 15 anos | 11.328 (13,78 %) |
Entre 16 e 64 anos | 53.340 (64,87 %) |
Maiores de 65 anos | 17.558 (21,35%) |
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo
-
Mapa dos concellos da comarca.
-
Plano da vila de Bueu.
-
Plano da vila de Cangas.
-
Plano da vila de Marín.
-
Plano da vila de Moaña.
Notas
editar- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ 4,0 4,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ 5,0 5,1 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.