Club Deportivo Condal
- Non debe confundirse co Condal Club de Fútbol.
O Club Deportivo Condal foi un club de fútbol da cidade de Barcelona, en Cataluña, España. Foi fundado en 1934 e en 1970 fusionouse co Atlético Cataluña para formar o Barcelona Atlètic, actual filial do FC Barcelona.
Nome | Club Deportivo Condal | |
---|---|---|
Fundación | 1 de agosto de 1934 | |
Desaparición | 1970 | |
Estadio | Camp de Les Corts, Barcelona, Cataluña | |
Inauguración | 20 de maio de 1922 | |
Capacidade | 60.000 | |
|
Historia
editarO CD Condal foi fundado o 1 de agosto de 1934 como Sección de Deportes de la España Industrial e foi orixinalmente o equipo da fábrica que levaba o seu nome.
O equipamento era a raias verticais branquiazuis. A Compañía era propiedade da familia de Josep Antoni de Albert, quen foi brevemente presidente do FC Barcelona en 1943. En 1951, durante a súa presidencia, o club converteuse nun equipo filial do FC Barcelona e empezou a utilizar o estadio de Les Corts como local.
Ao principio militou nas ligas rexionais locais, pero en 1950 ascenderon a Terceira División e polo ano 1952 ascenderon a Segunda División. En 1953 finalizaron segundos no seu Grupo I, clasificados para disputar o play-off de ascenso, pero ao ser un filial do FC Barcelona non puideron ascender.
Logo de conseguir disputar o seu segundo play-off de ascenso en 1956, o CD Espanya Industrial independizouse do FC Barcelona e cambiou o seu nome polo de Club Deportivo Condal para poder xogar en Primeira División. O equipamento cambiouse por unha camisa azul con dúas franxas brancas en diagonal. Así o club podía disputar ese play-off e ascender a Primeira, o cal conseguiron. Só puideron estar unha campaña en Primeira e descenderon en 1957.
Tras o descenso, o Condal estivo 4 tempadas máis en Segunda División, ata que en 1961 renunciaron a seguir en Segunda e pasaron a xogar en Terceira. En 1965 regresan a Segunda, onde pasan dúas campañas ata descender en 1967.
En 1968 chega a un acordo co FC Barcelona para ser novamente o seu filial. Cambiou o seu uniforme por un azulgrana e con pantalón branco. En 1970 acórdase fusionarse co Atlético Cataluña para formar o Barcelona Atlètic.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul con dúas franxas brancas en diagonal, pantalón branco e medias azuis.
Estadio
editar- Artigo principal: Camp de Les Corts.
O Camp de Les Corts foi o segundo estadio da historia do FC Barcelona. En 1951, tras facerse o España Industrial filial do Barcelona, pasou a xogar en Les Corts ata 1970.
Datos do club
editarHistorial na liga
editarTempada | Categoría | Posición |
---|---|---|
1947/48 | 3ª | 4º |
1948/49 | Territorial A | — |
1949/50 | Territorial A | — |
1950/51 | 3ª | 4º |
1951/52 | 3ª | 1º |
1952/53 | 2ª | 2º |
1953/54 | 2ª | 5º |
1954/55 | 2ª | 11º |
1955/56 | 2ª | 3º |
1956/57 | 1ª | 16º |
1957/58 | 2ª | 5º |
1958/59 | 2ª | 4º |
Tempada | Categoría | Posición |
---|---|---|
1959/60 | 2ª | 10º |
1960/61 | 2ª | 12º |
1961/62 | 3ª | 2º |
1962/63 | 3ª | 3º |
1963/64 | 3ª | 8º |
1964/65 | 3ª | 1º |
1965/66 | 2ª | 7º |
1966/67 | 2ª | 16º |
1967/68 | 3ª | 1º |
1968/69 | 3ª | 7º |
1969/70 | 3ª | 5º |