Claudia Schiffer, nada en Rheinberg (Renania do Norte-Westfalia) o 25 de agosto de 1970, é unha modelo alemá de pasarela, fotografía e publicidade.

Modelo:BiografíaClaudia Schiffer

Schiffer no 2007
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1970 (54 anos)
Rheinberg, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña Alemaña
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
1997 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAmplonius-Gymnasium Rheinberg (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso61 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónModelo e directora creativa
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
RepresentanteMarilyn Agency (en) Traducir e Elite Model Management (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMatthew Vaughn (m. 2002) Editar o valor en Wikidata
ParellaDavid Copperfield (1993–1999) Editar o valor en Wikidata
Fillos3 Editar o valor en Wikidata
PaisHeinz Schiffer Editar o valor en Wikidata  e Gudrun (?) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBabepedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webclaudiaschiffer.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000629 Allocine: 21112 Rottentomatoes: celebrity/claudia_schiffer Allmovie: p199244 Metacritic: person/claudia-schiffer TV.com: people/claudia-schiffer
Facebook: ClaudiaSchifferOfficial Instagram: claudiaschiffer Last fm: Claudia+Schiffer Musicbrainz: a65abcec-2fdc-4651-9bce-5a598d3a2d55 Discogs: 6765809 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla de Gudrun e Heinz Schiffer, avogado de profesión, Claudia Schiffer ten dous irmáns, Stefan e Andreas, e unha irmá, Ann Carolin.

Claudia dixo que na escola foi moi popular, pero que se sentía eclipsada por outras rapazas da súa clase, que tiña complexos por ser tan alta e que era obxectivo de burlas, xa que proviña dunha familia economicamente acomodada.

Entre 1994 e 1999 mantivo unha relación co ilusionista David Copperfield. Coñecéronse nun dos espectáculos de Copperfield, cando el a convidou ó escenario para participar no seu número artístico.

O 25 de maio de 2002, casou co produtor de películas inglés Matthew Vaughn en Suffolk (Inglaterra). Claudia segue casada con el e xuntos teñen tres fillos, Caspar Matthew (nado o 30 de xaneiro de 2003 en Londres), Clementine (nada 11 de novembro de 2004 tamén en Londres) e Cosima Violet (nada o 14 de maio de 2010). A familia vive en Londres.

Traxectoria profesional

editar

Despois de completar a súa educación, comezou a traballar como modelo en 1987, despois de ser descuberta polo axente Michel Levaton (xefe da axencia de modelos Metropolitan) nun pub de Düsseldorf.

En París fixo unha sesión fotográfica de proba, e pouco despois apareceu na portada francesa da revista Elle. Tras varias aparicións na revista, foi elixida por Karl Lagerfeld para converterse na nova faciana de Chanel.

Schiffer converteuse nunha modelo famosa a nival mundial, recoñecible polos seus ollos azuis, cabelo rubio e estatura de 1,80 metros. A comezos dos anos 90 posou para anuncios de pantalóns Guess en Estados Unidos, o cal foi unha publicidade moi importante na súa carreira. Neses anos camiñou pola pasarela para deseñadores como Versace, Dolce & Gabbana, Ralph Lauren e Valentino.

Schiffer foi a primeira modelo para as portadas de Vanity Fair, Rolling Stone e The New York Times. Tamén apareceu varias veces nas portadas de Vogue, Harpers Bazaar, Tank magazine, Cosmopolitan e Time.

Mais adiante, Schiffer apareceu nos anuncios de Pepsi, e bailou cunha versión de debuxos animados de Mickey Mouse nos anuncios de promoción de Fanta. En 1998 comezou a protagonizar anuncios de Citroën, cos que Schiffer gañou 3 millóns de libras. Karl Lagerfeld vestiuna nunha campaña publicitaria de Dom Perignon, uns dez anos despois das súas primeiras aparicións nos anuncios de Chanel.

Schiffer tamén apareceu en varias películas e vídeos musicais. A súa primeira aparición no cine tivo lugar en 1994, na película Richie Rich, nun papel de instrutora de aeróbic. Logo protagonizou o filme Blackout, de 1997, con Dennis Hopper e Matthew Modine. Schiffer fixo mais aparicións en varias películas, como Zoolander de Ben Stiller no ano 2001, e Love Actually en 2003.

Schiffer ten feito tamén moitas aparicións en televisión, en varios programas de entrevistas e comedias, como Larry King Live, The Late Show con David Letterman, Late Night with Conan O'Brien etc. Tamén fixo un cameo no vídeo de Bon Jovi "Say It Isn't So" do ano 2000.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar