Circes, Touro
Santa Mariña de Circes[1] é unha parroquia do concello coruñés de Touro, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 118 habitantes (61 mulleres e 57 homes) distribuídos en dúas entidades de poboación, Quintás e Os Chaos, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes. Destas dúas entidades de poboación poderíase debullar outras como As Penediñas. Ten unha superficie de 3,34 km².
Circes | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Circes. | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°50′09″N 8°13′17″O / 42.83579444, -8.22126389 |
Área | 3,34 km² |
Poboación | 103 hab. (2019) |
Densidade | 30,84 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada ao leste do concello, na marxe dereita do río Ulla, formando unha península rodeada polo curso do Ulla agás polo norte, que linda con Calvos de Socamiño e un cachiño con Turces. A maioría dos seus lindes dan coa provincia de Pontevedra, co río Ulla, mais non ten ningunha ponte sobre o río e as únicas saídas de Circes son as estradas que se dirixen ao norte, a Turces e a Calvos.
Economía
editarNa entrada de Circes áchase o maior conxunto de casas de economía produtiva similar ás freguesías limítrofes, con prados que alimentan ao gando vacún. Achegándonos ao río, dirixíndonos ao sur, o terreo faise moi costento, e esténdese, entre uns poucos prados e regos pequenos, un abundante monte autóctono, que constitúe a maior parte do territorio parroquial.
Había pesca, mais a construción de varias minicentrais hidroeléctricas no curso do río Ulla fixo desaparecer esta riqueza de Circes, xa moi decrecida polo encoro de Portodemouros, situado quilómetros arriba.
Patrimonio
editarFluvial
editar- Paseo Fluvial dos Pombos.
- Lugar da Barca.
- Fonte Natural da Piollosa.
Forestal
editar- Carballeira da Barca.
- Contorno do Ulla.
- Corticeiras de Quintás.
Área recreativa
editar- Área Recreativa A Piollosa.
Arquitectura
editar- Igrexa de Santa Mariña de Circes.
- Cruceiro de Circes.
- Muíños dos Pombos: muíño de Arriba, do Medio e de Abaixo.
- Fonte de Chaos.
- Fonte de Quintás.
Festas
editarOs días 18 e 19 de xullo celébranse as festas de Santa Mariña; e tamén o San Roque o luns de Pascua.
Lugares e parroquias
editarLugares de Circes
editarLugares da parroquia de Circes no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|