Cidade heroica (en ruso: город-герой, górod-gueroy) foi un título honorífico soviético que premiou o heroísmo demostrado polos habitantes de diferentes cidades durante a Gran Guerra Patria entre 1941 e 1945. Foi outorgado a 12 cidades da Unión Soviética e á Fortaleza de Brest, á cal se lle concedeu o título equivalente de "Fortaleza heroica". Esta condecoración equivale á distinción individual de Heroe da Unión Soviética. Actualmente 4 delas atópanse no territorio de Ucraína, 2 (incluíndo a Fortaleza Heroica) en Belarús e o resto en Rusia.

De acordo co estatuto, á cidade heroica concedéuselle a Orde de Lenin, a Estrela de Ouro e o certificado da fazaña heroica (grámota) por parte do Presidium do Soviet Supremo da URSS. Tamén se construía un obelisco na cidade.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.