Txantrea
A Txantrea (en castelán: Chantrea e oficialmente Chantrea/Txantrea) é un barrio de Pamplona (Navarra, España) situado ao norte da cidade xunto ao río Arga. Limita ao norte co barrio de Ezkaba, ao sur coa Zona Vella de Pamplona, ao leste con Burlata e o oeste con Antsoain, Arrotxapea e Arantzadi.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Meiriñado | Meiriñado de Pamplona | |||
Comarca | Cuenca de Pamplona | |||
Concello | Pamplona | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 422 m | |||
Este barrio é coñecido polo seu carácter popular e reivindicativo. A palabra "auzolan" ("traballo de barrio" ou "entre veciños" en éuscaro) ten moito significado, xa que foi construído coa man de obra dos veciños.
Tiña en 2008 unha poboación de 20.785 habitantes.[1]
O termo Txantrea ou Chantrea provén de chantre, que era a dignidade desempeñada por un cóengo da catedral que dirixía o coro. Os terreos onde se edificou o barrio pertenceron á catedral e por iso púxoselle o nome de Txantrea.
Notas
editar- ↑ "Poboación e estatística de Pamplona por Barrios - 22/09/2008". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 15/07/2015.