Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang

O Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang é o centro de lanzamento de foguetes de China localizado máis ao sur. Desde el lánzanse entre eles os foguetes CZ-5 e CZ-7.[1]

Modelo:Xeografía políticaCentro de Lanzamento de Satélites de Wenchang
中国文昌航天发射场 (zh) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 19°36′52″N 110°57′04″L / 19.614492, 110.951133
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaHainan
Cidade-condadoWenchang (pt) Traducir
Town of China (en) TraducirLonglou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Creación2014 Editar o valor en Wikidata

Características

editar

O centro está localizado ao leste da illa de Hainan, na costa, ao contrario que os tres outros centros de lanzamento da China, situados no interior. A súa localización na costa reduce o risco de caída de etapas de foguetes en zonas poboadas e amplía o rango de acimut no que se poden facer lanzamentos, ademais de permitir a chegada ao centro de lanzamento de etapas de maior tamaño por barco, eliminando a restricción de tamaño imposta polos transportes por estrada ou ferrocarril. A súa localización cara ao sur permite poñer en órbita maiores cargas usando os mesmos foguetes.[1]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Wenchang" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar