O Castelo de Cans, tamén coñecido como castelo de Miravel ou Mirabel, é un monumento medieval emprazado sobre unha impresionante penedía granítica situada a 358 m de altitude, na zona máis alta da parroquia do mesmo nome.[1]

O penedo granítico onde se asenta o castelo, visto dende o val.

Historia

editar

A información sobre a historia do castelo é moi escasa. Mediante uns arquivos da catedral de Santa María de Tui sábese que a fortaleza foi ocupada por Paio Gómez e outros compañeiros, aos cales posteriormente foi confiscada polo rei don Henrique III e doado a Álvaro Fernández de Valladares. O castelo era nomeado en devanditos arquivos coma castelo de Miravel. Todo isto transcorreu durante o século XIV, despois desta época descoñécese a súa historia. É posíbel que fora destruído, coma outras fortalezas, pola revolta irmandiña (século XV). Outra das posíbeis causas da súa desaparición podería ter sido a orde dos Reis Católicos, en 1438, de destruír todos os castelos que que non foran cabeza dun meiriño. As súas pedras foron botadas polo cantil e aproveitadas posteriormente para outros fins.[2]

Descrición

editar
 
Alxibe ou pozo da auga no castelo de Cans. Pode recoñecerse a súa forma ovalada-cuadrangular escavada na rocha, pese a estar colmatado por terra sedimentada.

É un característico castelo roqueiro medieval, do que tan só subsisten as pegadas talladas na rocha, así como algúns restos cerámicos e outros restos arqueolóxicos de escasa visibilidade. As marcas deixadas na rocha permítennos saber o lugar onde ía emprazada a entrada, a torre principal, as murallas defensivas, o alxibe etc.

A modo de anécdota de tradición oral, pódese mencionar que o lugar tamén recibe o alcume popular "O Pianista" ou "O Beethoven", porque visto dende abaixo, dende o val, a forma das rochas pode lembrar a forma dun home sentado ante un gran piano.

  1. O Castelo de Cans pode consultarse na cartografía do visor Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine. do SIXPAC.
  2. "Castillo de Cans, o Castillo de Miravel". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 04/09/2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Trabalhos de antropologia e etnologia, Volumes 28-30. Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, Centro de Estudos de Etnologia Peninsular. 1988.
  • Abraira Pérez, M. A. 2001. "O Castelo de Miravel: achegamento a unha fortaleza medieval desaparecida", Revista Malladoura, nº 2, (setembro 2001).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar