Casa de York
A Casa de York foi unha póla da casa real inglesa de Plantagenet. Tres dos seus membros convertéronse en Reis de Inglaterra a finais do século XV. A Casa de York descendía por liña paterna de Edmundo de Langley, 1º duque de York, o cuarto fillo sobrevivente de Eduardo III, e tamén eran descendentes de Leonel de Antuerpen, segundo fillo de Eduardo III. A Casa de York apoiábase nos seus antergos para reclamar a coroa de Inglaterra.[1][2] A familia de York enfrontouse pola coroa coa Casa de Lancaster, o que comportou á Guerra das dúas rosas.
Predecesor: Casa de Lancaster |
Casa vixente no trono de Inglaterra 1461–1470 |
Sucesor: Casa de Lancaster |
Predecesor: Casa de Lancaster |
Casa vixente no trono de Inglaterra 1471–1485 |
Sucesor: Casa de Tudor |
Notas
editar- ↑ Morgan, Kenneth O. (2000). The Oxford Illustrated History of Britain. Oxford: Oxford University Press. p. 623. ISBN 0-19-822684-5.
- ↑ "House of York". 1911Encyclopedia.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2007. Consultado o 4 de outubro de 2007.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Casa de York, na páxina "History of York" (en inglés)