Caro

emperador romano entre 282 e 283

Caro (en latín: Marcus Aurelius Carus)[1][2] nado en Narbo en 222,[3] e finado alén do río Tigris en xullo ou agosto de 283, foi emperador de Roma de 282 a 283.

Modelo:BiografíaCaro

Áureo do emperador Caro.
Nome orixinalMarcus Aurelius Carus Augustus
Biografía
Nacemento(la) Marcus Numerius Carus Editar o valor en Wikidata
222
Narbo, Gallia Narbonensis
Mortexullo ou agosto de 283 (61 anos)
alén do río Tigris, Mesopotamia
Causa da morteRelampo Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
setembro de 282 – xullo de 283
← ProboCarino, Numeriano →
Prefecto do pretorio
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeentre o 282 e o 283
Familia
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
FillosPaulina, Carino, Numeriano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteOrthodox Encyclopedia (en) Traducir
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Antoniniano de Marco Aurelio Caro.

Traxectoria

editar

Home versado na literatura latina, foi educado en Roma e ocupou diversos cargos civís e militares. No 282 foi nomeado como prefecto do pretorio.

Co asasinato de Probo preto de Sirmium, Caro foi nomeado emperador polas lexións, ás cales gañara coa súa honestidade e talento. Foi o primeiro emperador que prescindiu da confirmación do Senado, que aínda que se convertera nun costume, xa non tiña validez. Acusaronno de ser permisivo co asasinato de Probo, aínda que non participara nel.

Nomeou aos seus fillos Carino e Numeriano coma Césares, enviando a Carino para loitar ás Galias e encarregarse dos asuntos occidentais, xa que el, xunto co seu outro fillo, se dirixiu a loitar contra os persas na mesma expedición que organizara Probo.

Venceu aos sármatas e continuou a loita contra o rei dos persas, Varanes II (Vahram II), ao que logrou vencer, conquistando Mesopotamia e poñendo sitio de novo a Ctesifonte no 283.

Caro gozou pouco tempo das vitorias, xa que a finais de xullo do 283 morreu repentinamente. Non se sabe o motivo desta. Para uns, foi debido a un raio estando no campo de batalla; para outros, a consecuencia das feridas recibidas nas loitas en Ctesifonte; mentres que uns últimos estiman que puido ser asasinado por orde do prefecto do pretorio, Arrio Aper, que non estaba de acordo en continuar as loitas máis aló do Tigris. Con el cúmprese a profecía persa de que os emperadores que cruzaban o Tigris morrían, xa que a fronteira do imperio romano estaba no río.

O seu fillo Numeriano, foi nomeado augustus e continuou as loitas máis aló do Tigris deica chegar a un acordo de paz cos persas.

Imperio Romano

Segue a:
Probo
Caro
Precede a:
Numeriano e Carino
Emperadores Ilirios
  1. En latín, o nome de Caro escribiríase MARCVS AVRELIVS CARVS AVGVSTVS.
  2. Jones, páx. 183
  3. Canduci, páx. 105

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar