Carlos
nome masculino
Carlos[1][2] é un nome propio masculino galego. O nome é de procedencia xermana, e significa "home libre". O nome traducido ás linguas escandinavas Karl significa home. Trátase dun nome moi popular debido ao seu uso habitual nas tradicións das casas reais, polo que hai moitas personalidades chamadas Carlos. En galego tamén ten a variante Calros e os hipocorísticos Carlechos e Carlucho.[2]
En xaneiro de 2023 existían 17.936 varóns en Galicia co nome Carlos, cunha media de idade de 47,8 anos.[3]
Santoral
editar- 4 de novembro: San Carlos, cardeal e arcebispo de Milán (†1584).
Noutras linguas
editarTamén existe en xaponés (Karurosu), en chinés (Ka-lou-se), en árabe (Karlus) e noutras linguas.
Nome | lingua |
---|---|
Charles | inglés, francés |
Charl | afrikaans |
Carl | noruegués |
Carles | catalán |
Carlo | italiano |
Carlos | portugués, castelán, galego |
Carol | romanés |
Carolus | latín |
Karel | checo, holandés |
Karl | alemán, sueco lingua islandesa |
Karlo | lingua croata, serbio |
Karlos | éuscaro |
Karolis | lituano |
Karol | polaco, eslovaco |
Karolos | grego |
Károly | húngaro |
Kaarle | finés |
Siarl | galés |
Monarcas e membros de casas reais
editarOutras personalidades
editar- Carl von Linné: biólogo Sueco, foi o primeiro en dar nome científico ás especies.
- Carlos Martel: mordomo de palacio do reino de Austrasia
- Karl Marx: ideólogo do Marxismo, e do posterior comunismo.
- Carlos Chacal: é o alias de Ilich Ramírez Sánchez, terrorista venezolano.
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Carlos na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos |