O Cara al Sol é actualmente o himno de Falange Española de las JONS e foi canto nacional durante o franquismo. Foi composto principalmente por José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá coa música do compositor vasco Juan Tellería, Amanecer en Cegama.

Bandeira da Falange Española de las JONS.

Historia

editar

O 17 de novembro de 1935 a dirección de Falanxe empezou a ver a necesidade de ter un himno para a agrupación. Foi á saída dun mitin cando se viu a conveniencia de poder cantar un himno en actos como ese. Na estrea do filme La bandera José Antonio convocou a outros falanxistas como María Jesús Mora, Rafael Sánchez Mazas, José María Alfaro e Dionisio Ridruejo para unha reunión no bar madrileño La Cueva del Orkompon. O 3 de decembro de 1935 reuniuse a chamada escuadra de poetas, composta por José Antonio, José María Alfaro, Agustín de Foxá, Dionisio Ridruejo, Pedro Mourlane Michelena, Jacinto Miquelarena, Rafael Sánchez Mazas e o marqués de Bolarque así coma o músico guipuzcoano Juan Tellería.

A directriz de Primo de Rivera foi clara:

Nuestro himno debe ser una canción alegre, exenta de odio, pero a la vez de guerra y amor. Haremos una estrofa a la novia, después una alusión a la guardia eterna en las estrellas, y luego otra a la victoria y la paz.

Cun deixe de ironía, o fundador de Falaxe ameazou con dar unha dose de aceite de rícino ao que faltara a dita reunión.[1] Nunhas horas de traballo quedou realizado o «Cara al sol», que sería presentado no mitin do Cine Europa de Madrid o 2 de febreiro de 1936.

Trala fin da guerra civil, pasou a ser un dos himnos oficiais franquistas xunto á Marcha Real e a Marcha de Oriamendi.

En abril de 2000 o Estado adquiriu a partitura orixinal deste himno, titulado orixinalmente por Tellería como "Canto de guerra y paz de Falange Española", deixándoo depositado, xunto con outras partituras do músico guipuzcoano na Biblioteca Nacional.[2]

Na actualidade, o «Cara al sol» é entoado en tódolos actos convocados por Falanxe Española e en datas simbólicas do franquismo como o 20 de novembro, porén de que Falanxe non considera adecuada a súa vinculación ao franquismo.

  1. Güerri Martín, Carmen. "El lenguaje del Cara al Sol" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2012. 
  2. elmundo.es (4 de mayo de 2000). "El Estado compra el manuscrito original del "Cara al Sol" por más de dos millones". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar