Cantiga nova que se chama Riveira

obra literaria de Álvaro Cunqueiro

Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por[1] Resol.[2] Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[3].

Cantiga nova que se chama Riveira
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
Ilustrador/aLuís Seoane
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialResol
Data de pub.1933
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Foi o seu primeiro grande acerto poético. Integrado por cancións de fasquía popular e poemas nos que lembra, modernizándoos, aos grandes autores da cantiga de amigo do noso século XIII. Así inicia a súa liña neotrobadoresca, da que se considera o representante máis significado, sen a pesadez arcaizante de Bouza Brey. Combina a imaxe vangardista con esquemas métricos tradicionais, en sintonía co neopopularismo e gilvicentismo dos poetas da Xeración do 27 española, maiormente Rafael Alberti e Federico García Lorca. Moitos dos poemas forman parte de A dama e o cabaleiro de Amancio Prada. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes.

Segundo o Diccionario da literatura galega:

"Incide na nosa tradición achegándose a un neotrobadorismo peneirado pola actualización neopopularista. O seu espírito lúdico e a combinación dos ríxidos moldes tradicionais cun certo impresionismo e imaxes audaces convértea na obra máis celebrada da corrente."[4]

Segundo Xosé Ramón Pena:

"En efecto, e como sinalou F. Salinas Portugal (1991: 54), en Cantiga nova a pulsión do texto radica no atrevemento das imaxes e aínda «na brillantez e musicalidade verbal»; «a materia fónica (significante) convértese en significado abríndose a unha pluridimensionalidade de significacións»."[5]

Poemas

editar
  • Amor de auga lixeira
  • A unha era, ai Louriña
  • No sono do cuco novo
  • Meu amigo foi ruar
  • O río levaba os ollos
  • Naceu cantando ailalalo
  • Tiña sono de cristais
  • Hai unha illa louvada
  • No peteiro do luar
  • Con auga de sede vella
  • No mencer da herba mol
  • No niño novo do vento
  • Na nao do mar laranxa
  • Toda a casa estaba chea
  • Os nenos xogan os ollos
  • Na morte da nena nena
  • Amenceu bico ou onda do mar
  • Adolescencia de aramios
  • Outono cedo de gaitas
  • Ven e verás como soñan na mar
  • Si miña señor á i-alba de Arousa beilar
  • Polos teus ollos, quen pasou, amiga
  • Ista é a noite de moer o grau do vento
  • Quita a pucha, amigo
  • Por oír unha rula decir de amor
  1.   Quen poidera namorala No bico un cantar, Televisión de Galicia.
  2. Castro, Pilar. "CVC. Álvaro Cunqueiro. Quehacer literario. Poesía. Álvaro Cunqueiro, trovador y juglar de la nueva cantiga". cvc.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  3. Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3. 
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 158. ISBN 84-8288-019-5. 
  5. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 271. ISBN 978-84-9121-107-5. .

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar