Cans, O Porriño

parroquia civil do concello do Porriño

Santo Estevo de Cans é unha parroquia do concello do Porriño, situada no Val da Louriña. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 458 habitantes (224 mulleres e 234 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución dun habitante en relación ao ano 1999, cando tiña 459 habitantes.

Cans
Escultura co logo do festival de Cans.
ConcelloO Porriño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°09′44″N 8°35′46″O / 42.162222222222, -8.5961111111111
Poboación436 hab. (2017)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A parroquia creouse en 1904, segregada da de Atios. O 26 de febreiro de 1955 tivo lugar na parroquia un accidente dun autobús que ía desde O Porriño cara a Ponteareas, onde ese día había feira. O vehículo incendiouse logo de envorcar nunha curva, morrendo 31 das 44 persoas que nel viaxaban[2]. No lugar da traxedia construíse un monólito conmemorativo.

A parroquia está atravesada pola autovía A-52 que une Vigo e Ourense, e que discorre paralela á estrada N-120. Entre os monumentos naturais e culturais máis sobranceiros destaca o seu famoso castelo, sitio medieval emprazado nun outeiro granítico que domina toda a contorna. No mes de maio celébrase nela o Festival de Cans de curtametraxes, coincidente co Festival de Cannes.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cans

editar
Lugares da parroquia de Cans no concello do Porriño (Pontevedra)

Adroza | A Buraca | A Carreira | O Castelo | A Cavadiña | A Chandeiriña | Os Eidos do Medio | Os Eidos | A Graña | O Painzal | A Pedreira

Parroquias do Porriño

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Porriño

Atios (Santa Eulalia) | Cans (Santo Estevo) | Chenlo (San Xoán) | Mosende (San Xurxo) | Pontellas (Santiago) | O Porriño (Santa María) | San Salvador de Budiño (San Salvador) | Torneiros (San Salvador)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar