CH Gel Barcelona
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
O Club Hoquei Gel Barcelona foi un club catalán de hóckey sobre xeo da cidade de Barcelona.
Historia
editarO club foi fundado en 1979, nuns anos de forte desenvolvemento do hóckey sobre xeo en Cataluña, e inmediatamente comezou a competir na liga española. O club non acada bos resultados e na tempada 1980-81 perde a categoría e descende á segunda división. Na tempada seguinte, remata no segundo posto por detrás do CH Boadilla, mais a renuncia do FC Barcelona permitiulle ascender novamente á máxima categoría. O club pasou dúas tempadas na primeira categoría, ata que na tempada 1983-84 perde novamente a categoría. Na tempada 1984-85 proclamouse campión da segunda división, acadando de novo o ascenso. Con serios problemas financeiros, o club non puido sobrevivir á crise que padecía o hóckey sobre xeo en España e acaba desaparecendo na tempada 1985-86, mais o seu lugar pasa a ser ocupado polo FC Barcelona, que reactivou a súa sección coincidindo co adeus do CH Gel Barcelona.
As clasificacións do club foron:
- 1979-1980: 8º
- 1980-1981: 8º
- 1981-1982: 2º (2ª División)
- 1982-1983: 5º
- 1983-1984: 6º
- 1984-1985: 1º (2ª División)
- 1985-1986: desaparición
Palmarés
editar- 1 Campionato de España de Segunda División: 1985.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |