Club Atlético Peñarol
O Club Atlético Peñarol é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo, fundado o 28 de setembro de 1891 co nome Central Uruguay Railway Cricket Club (ou CURCC), que compite na Primeira División do Uruguai. Dende os primeiros anos do club, as súas cores identificativas son o negro e o amarelo.
Peñarol | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético Peñarol | |||
Alcume(s) | Manyas, Aurinegros, Carboneros, Mirasoles, Campeón del Siglo | |||
Fundación | 28 de setembro de 1891 (como CURCC) | |||
Estadio | Campéon del Siglo, Montevideo, Uruguai | |||
Capacidade | 12.000 / 65.000 | |||
Presidente | Juan Pedro Damiani | |||
Adestrador | Jorge da Silva | |||
Liga | Primeira División | |||
2015–16 Ap | 1º | |||
Na rede | ||||
http://www.peñarol.org/ | ||||
| ||||
Seccións
editarNo Peñarol existen diversas seccións deportivas, e á marxe da de fútbol, tamén cabe salientar as seccións de ciclismo, fútbol sala e baloncesto. A sección de baloncesto gañou varios torneos nacionais, e en 1983 proclamouse campión de Suramérica. Non obstante, a sección desapareceu en 1997 por razóns económicas. Pola súa parte, a sección de fútbol sala ten acadado tamén varios títulos de liga, chegando a gañar o Campionato Mundial Interclubes en 1987.
No que atinxe á sección de fútbol, esta é a máis laureada e popular do club, facendo do Peñarol o equipo con máis campionatos profesionais no Uruguai (37 títulos). Sumando os títulos profesionais e os títulos da época non profesional, o total de títulos nacionais de liga do Peñarol acada a cifra de 48. A nivel internacional, é o 3º club con máis títulos da Copa Libertadores (5), e en 1982 converteuse no primeiro club do mundo en conquistar 3 veces a Copa Intercontinental.
A IFFHS proclamou ó Peñarol como mellor club do século XX en Suramérica, por diante do Club Atlético Independiente arxentino e do seu máximo rival, o Club Nacional de Football, 2º e 3º.
Estadio
editarO Peñarol ten un estadio da súa propiedade, chamado José Pedro Damiani en memoria dun dos antigos presidentes do club. Este estadio ten capacidade para acoller a 12.000 seareiros, unha capacidade inferior ó que precisa o club, xa que a súa masa social e moito maior. Por iso o Peñarol leva varias décadas xogando os seus encontros como local no Estadio Centenario, de titularidade consistorial, e cuxa capacidade é de 65.236 persoas.
Palmarés
editarO Peñarol é o club uruguaio con máis títulos de liga, con 48. En competicións continentais o Peñarol ten disputado 10 finais da Copa Libertadores, récord absoluto, gañando 5 e perdendo nas outras 5. Na tempada 2011 caeu fronte ó Santos na súa última final.
Torneos nacionais
editar- Primeira División do Uruguai (47) = 1900, 1901, 1905, 1907, 1911, 1918, 1921, 1928, 1929, 1932, 1935, 1936, 1937, 1938, 1944, 1945, 1949, 1951, 1953, 1954, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1973, 1974, 1975, 1978, 1979, 1981, 1982, 1985, 1986, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2003, 2009-10, 2012-13
Torneos continentais
editar- Copa Libertadores (5) = 1960, 1961, 1966, 1982, 1987
- Subcampión (5) = 1962, 1965, 1970, 1983, 2011
- Copa Intercontinental (3) = 1961, 1966, 1982
- Subcampion (2) = 1960, 1987
Xogadores
editarEntre os centos de xogadores que teñen defendido as cores do Peñarol, algúns deles son especialmente salientables. É o caso de Alberto Spencer (máximo goleador da historia da Copa Libertadores); Obdulio Varela, Alcides Ghiggia e Juan Schiaffino (capitán e goleadores do Uruguai no Maracanazo); Fernando Morena (máximo goleador histórico do club); etc.
Cadro actual
editar
|
|