Butano

composto químico

O butano (tamén chamado n-butano) é un hidrocarburo saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 °C, formado por catro átomos de carbono e por dez de hidróxeno, cuxa fórmula química é C4H10. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou metilpropano.

Estrutura molecular do Butano.

Características

editar

Como é un gas incoloro e inodoro, na súa elaboración engádeselle un odorizante (xeralmente un mercaptano) que lle confire un cheiro desagradable. Isto permítelle ser detectado nunha fuga, porque aínda que non é tóxico, pode provocar unha explosión.

En caso de extinción dun lume por gas butano emprégase anhídrido carbónico (CO2), po químico ou néboa de auga para arrefriar e dispersar vapores.

O butano comercial é un gas licuado, obtido por destilación do petróleo, composto principalmente por butano normal (60 %), propano (9 %), isobutano (30 %) e etano (1 %).

Aplicacións

editar
 
Bombona de gas butano.

A principal aplicación do gas butano é a de combustible en fogares para a cociña e auga quente, e nos mecheiros de gas. Non adoita consumirse en grandes cantidades debido ás súas limitacións de transporte e almacenaxe. Non é adecuado para o seu transporte vía gasodutos xa que pola súa alta temperatura de licuefacción poderíase condensar nas conducións. De feito elimínanse os restos de butano e propano do gas natural por este motivo.

O gas butano adoita transportarse en bombonas de butano, un envase cilíndrico, de paredes de aceiro, que contén 12,5 quilogramos de butano. Tamén existen novas bombonas de butano máis lixeiras, fabricadas con outros materiais como o aceiro inoxidable.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar