Buglossoides purpurocaerulea

especie de planta

Buglossoides purpurocaerulea

Buglossoides purpureocaerulea
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Familia: Boraginaceae
Xénero: Buglossoides
Especie: B. purpurocaerulea
Nome binomial
Buglossoides purpurocaerulea
(L.) I.M.Johnst.

A Buglossoides purpurocaerulea é unha planta da familia das Boraginaceae.

Vista da planta.

Descrición

editar

Herba vivaz rizomatosa e peluda, de baixa a mediana; talos erectos, non ramificados. Follas de lanceoladas a elípticas estreitas, cunha punta longa, verdes escuras. Flores púrpura avermelladas que viran a azul escuro, en forma de funil, de 14-19 mm de longo e agrupadas en cimas terminais con follas que se alargan ao frutificar. Núculas brancas e brillantes. Florece na primavera.

Hábitat

editar

Lindeiros forestais e zonas de matogueira, sebes vivos.

Distribución

editar

Mediterráneo desde España cara ao leste até Turquía. Centro de Europa, Illas Británicas, sur de Rusia.[1]

Taxonomía

editar

Buglossoides purpurocaerulea foi descrita por (L.) I.M.Johnst. e publicada en J. Arnold Arbor. 35(1): 44. 1954[2]

  • Aegonychon purpurocaeruleum (L.) Holub
  • Lithospermum purpurocaeruleum L.
  • Margarospermum purpurocaeruleum (L.) Fourr.
  • Rhytispermum purpurocaeruleum (L.) Link
  1. "Buglossoides purpurocaerulea". Asturnatura. 
  2. "Buglossoides purpurocaerulea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar