Robert Allen 'Bob' McAdoo, nado o 25 de setembro de 1951 en Greensboro, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA e adestrador asistente de Miami Heat.

Modelo:BiografíaBob McAdoo

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Greensboro, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Carolina do Norte (pt) Traducir
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Vincennes University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto, baloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 1992 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porBuffalo Braves (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Pallacanestro Forlì 2015
Detroit Pistons
Olimpia Milano
Boston Celtics
Philadelphia 76ers
Brooklyn Nets
Fabriano Basket
New York Knicks
Los Angeles Lakers
1971–1972 North Carolina Tar Heels
Participou en
1971Jogos Pan-Americanos de 1971 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJames Michael McAdoo Editar o valor en Wikidata
Premios

Carreira

editar

Seleccionado en primeira rolda no Draft da NBA de 1972 por Buffalo Braves (agora Los Angeles Clippers) tras dúas tempadas en Vincennes Junior College e unha na Universidade de North Carolina, McAdoo pronto se converteu nun dos mellores xogadores da liga. Na súa primeira campaña gañou o Rookie do Ano e en tres tempadas consecutivas sería o máximo anotador da NBA. Na tempada 1973-74, McAdoo converteuse no último xogador da historia da liga en ter unha media, nunha soa tempada, de 30 ou máis puntos por partido e 15 rebotes. No seu segundo ano, foi nomeado por primeira vez (de cinco) no mellor quinteto da tempada e en 1975 foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga (MVP), con 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cunha porcentaxe de 51,2 en tiros de campo e un 80,5 na liña de tiros libres. Para o NBA All-Star Game de 1975 foi o xogador máis votado polos afeccionados con 98.235 votos.

Tras o seu estelar comezo, McAdoo xogou varias tempadas asediado polas lesións en New York Knicks, Boston Celtics, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Aínda que estas campañas fosen boas estatisticamente, moitos analistas e admiradores sentiron que a carreira de McAdoo se estancaba, sobre todo porque os equipos nos que militou non competían polo título. Con todo, a final da súa carreira foi cando máis puido gozar, xogando nos Lakers do Showtime dende 1982 até 1985 xunto con Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar e James Worthy, gañando dous aneis. Finalizou a súa carreira en Philadelphia 76ers na 1985-86. Despois xogaría en Italia, no Tracer Milano, sendo considerado un dos mellores xogadores americanos que xamais viu Europa. No seu primeiro ano, liderou ao Milano a gañar o campionato de Italia e de Europa (en dúas ocasións), con medias de 26,1 puntos e 10,2 rebotes por noite. Máis tarde, xogou en Forlì e Fabriano.

A pesar de todo, en 1996 a NBA non lle nomeou un dos "50 mellores xogadores da historia da liga". Actualmente traballa como asistente en Miami Heat.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar