Björn Borg
Björn Rune Borg, ([bjœːɳ bɔrj]), nado en Estocolmo o 6 de xuño de 1956[1] é un ex-tenista sueco que brillou na historia do deporte durante a súa época de xogador, entre 1973 e 1981, logrando 96 torneos (64 da ATP), entre eles 5 Wimbledon, 6 Roland Garros e 2 Masters antes de retirarse aos 26 anos de idade. Está considerado como un dos mellores tenistas masculinos da historia do tenis.[2][3][4][5][6][7][8] En 2014 unha enquisa do xornal Dagens Nyheteher escolleuno como o mellor deportista sueco da historia por diante do futbolista Zlatan Ibrahimovic.[9]
(2014) | |||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1956 (68 anos) Estocolmo, Suecia | ||||||||||||||||||||
Residencia | Estocolmo Mónaco Monte Carlo | ||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1973–1983), tenista | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1973 - 1993 | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 3.655.751 $ | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suecia | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||||||
Adestrado por | Lennart Bergelin (en) | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Loredana Bertè (1989–1993) Mariana Simionescu (1980–1984) | ||||||||||||||||||||
Parella | Jannike Björling (1985–1988) Helena Anliot | ||||||||||||||||||||
Fillos | Robin Borg () Leo Borg () | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Vem är det 1981 (en) , (sec:Borg, Björn, p.140) Vem är det 1985 (en) , (sec:Borg, Björn, p.160) Vem är det 1993 (en) , (sec:Borg, Björn, p.160) | ||||||||||||||||||||
Cos seus once títulos de Grand Slam e 16 finais, ocupa o cuarto e quinto posto nos respectivos historiais da Era Open. Foi campión do Torneo de Roland Garros de 1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981, e do Campionato de Wimbledon de 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980. Tamén foi finalista de catro edicións do Aberto dos Estados Unidos e unha vez do Aberto de Australia. Obtivo tamén 15 títulos de masters, o que o coloca oitavo no historial. Gañou o Masters Grand Prix de 1979 e 1980 e a final de WCT de 1976, acumulando un total de dez finais de temporada disputadas. En total, durante a súa carreira gañou 64 torneos ATP, (11 Grand Slam, 3 finais de temporada, 15 masters, 17 torneos medianos e 18 menores). Gañou ademais 45 partidos da Copa Davis coa selección sueca, e obtivo o título en 1975.
Borg ocupou o posto número 1 da clasificación ATP en seis períodos diferentes entre 1977 e 1981, totalizando 109 semanas. Situouse primeiro na clasificación final de 1979 e 1980, segundo en 1976, 1978 e 1981, e terceiro en 1974, 1975 e 1977. Foi nomeado "Tenista do Ano" pola ATP en 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980, e foi número un anual de "World Tennis" en 1978, 1979 e 1980.
Destaca por conquistar os torneos de Roland Garros e Wimbledon, considerada como "a dupla máis difícil de realizar no tenis",[10] durante tres anos consecutivos, un récord sen superar.[2]
En 1978 e en 1980 gañou o Torneo de Roland Garros sen perder ningún set en todo o torneo.[11]
Clasificación histórica
editarTorneo | 1973 | 1974 | 1975 | 1976 | 1977 | 1978 | 1979 | 1980 | 1981 | Carreira VR | Carreira V – D | Carreira V % |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grand Slam | ||||||||||||
Aberto de Australia | A | 3r | A | A | A | A | A | A | A | 0 / 1 | 1–1 | 50.00 |
Torneo de Roland Garros | 4r | G | G | QF | A | G | G | G | G | 6 / 8 | 49–2 | 96.08 |
Wimbledon | QF | 3r | QF | G | G | G | G | G | F | 5 / 9 | 51–4 | 92.73 |
Aberto dos Estados Unidos | 4r | 2r | SF | F | 4r | F | QF | F | F | 0 / 9 | 40–9 | 81.63 |
Ratio de vitorias | 0 / 3 | 1 / 4 | 1 / 3 | 1 / 3 | 1 / 2 | 2 / 3 | 2 / 3 | 2 / 3 | 1 / 3 | 11 / 27 | N/A | 40.74 |
V - D | 10–3 | 11–3 | 16–2 | 17–2 | 10–1 | 20–1 | 18–1 | 20–1 | 19–2 | N/A | 141–16 | 89.81 |
Masters Cup | ||||||||||||
Masters Cup | A | RR | F | A | F | A | G | G | A | 2 / 5 | 15–7 | 68.18 |
Clasificación | 18 | 3 | 3 | 2 | 3 | 2 | 1 | 1 | 2 | N/A | N/A | N/A |
Notas
editar- ↑ Bjorn Borg Encyclopedia Britannica
- ↑ 2,0 2,1 "Strokes for Agassi: He belongs among the 10 greatest ever". Consultado o 2009.
- ↑ "Collins: Top five men's stars of all-time - Tennis- nbcsports.msnbc.com". Consultado o 2009.
- ↑ "Navratilova joins Laver and Borg on the shortlist (as voted for by . . . Navratilova) - Times Online". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2018.
- ↑ "Tim Pears on Björn Borg | Sport - Observer Sport Monthly". Consultado o 2009.
- ↑ "TENNIS.com - Features - 40 Greatest Players - 40 Greatest Players of the Tennis Era (5-8)". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018.
- ↑ "Wimbledon Website - The Championships and The All England Lawn Tennis Club". Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2011. Consultado o 2009.
- ↑ Roger Federer conseguiuno no Aberto de Australia de 2007 e en Wimbledon en 2017 e Rafael Nadal superou a marca de Borg ao gañar Roland Garros sen ceder ningún set en 2008, 2010 e 2017.