Billboard
Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.
Billboard | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Fundación | 1894 |
Fundador | Nielsen SoundScan, Eldridge e William Henry Donaldson |
Primeira edición | 1894 |
Circulación | |
Frecuencia | 1 semana |
ISSN | 0006-2510 |
Na rede | |
https://www.billboard.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarBillboard naceu en Cincinnati o 1 de novembro de 1984, fundada por William H. Donaldson e James H. Hennegan. Orixinalmente chamouse Billboard Advertising e tratábase dun xornal comercial da industria de colocación de carteis, en inglés bill é cartel e de aí provén o seu nome. Poucos anos despois da súa fundación, comezou a informar sobre distintos entretementos ao aire libre, ocupando estes a meirande parte do seu espazo. Co tempo pasou a informar sobre espectáculos circenses, carnavais, parques de atraccións, feiras e outras atraccións. A revista comezou a cubrir as películas no ano 1909 e a radio nos anos 20.
Co desenvolvemento da industria discográfica durante os anos 30, Billboard comezou a publicar listas musicais. Orixinalmente eran só tres listas de xéneros específicos: pop, rhythm & blues e country & western. Na década dos 50 introduciu unha sección cubrindo a industria da televisión, na que se incluían listas de cualificacións de programas. A revista continuou publicando noticias de feiras, carnavais e parques de atraccións ata o ano 1961, cando eses departamentos foron transferidos a unha nova publicación semanal chamada Amusement Business. Nese tempo a cobertura da televisión tamén foi transferida a outra publicación.
Dende 1961 ata 2005, Billboard dedicouse completamente á industria musical. Nese último ano, a revista e a súa páxina web comezaron a dar cobertura de todas as formas de entretemento dixital e móbil.
Amusement Business prosperou durante unhas décadas, pero co cambio de século tivo dificultades. Cambiou a súa frecuencia de semanal a mensual e finalmente deixou de publicarse en maio do 2006.
Listas Billboard
editarO 4 de xaneiro de 1936 The Billboard publicou a súa primeira lista de éxitos de música, e o 20 de xullo de 1940 calculouse a primeira lista de popularidade musical. Dende o 4 de agosto de 1958 vénse publicando a Hot 100 que combianaba vendas de sinxelos e emisión na radio.
Na actualidade Billboard publica unhas 100 listas cada semana, sendo as máis polpulares a Hot 100 e a Billboard 200.