Bieito XII, papa

(Redirección desde «Bieito XII»)

Bieito XII, nado en Saverdun cara ao 1280 e finado en Avignon o 25 de abril de 1342, foi o Papa nº 197 da Igrexa católica.

Modelo:BiografíaBieito XII, papa

(1341, Grutas vaticanas) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Benedictus PP. XII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jacques Fournier Editar o valor en Wikidata
1280 Editar o valor en Wikidata
Saverdun, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1342 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteGangrena Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAvignon Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
197º Papa
28 de decembro de 1334 – 25 de abril de 1342
← Xoán XXIIClemente VI →
Bispo diocesano
2 de marzo de 1326 –
← Raymond Atton d’Auterive (en) TraducirPierre de Lapeirarede (en) Traducir →
Bispo diocesano
19 de marzo de 1317 –
← Pilfort de Rabastens (pt) TraducirDominique Grenier (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Aviñón
Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1317 (Gregoriano)–), inquisidor, teólogo, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónNiccolò Albertini Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de decembro de 1334Conclave de 1334 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4612474

De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.

Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.

En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.

Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.

Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da Península Itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.

Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.

Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.