Benito Castejón Paz
avogado e político galego
Benito Castejón Paz, nado en Vigo o 31 de maio de 1928 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2019, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1928 Vigo, España |
Morte | 8 de setembro de 2019 (91 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarFillo de Dámaso Castejón e Mercedes Paz Córdoba. Avogado, especializado en dereito administrativo. Foi xogador profesional en hóckey sobre herba, e participou na selección española. Foi Secretario Nacional da Delegación de Educación Física e Deportes en 1967 e Delegado Nacional de Educación Física e Deporte en setembro de 1976.[1] Foi o primeiro responsable do Consello Superior de Deportes.
Recoñecementos
editarMedalla de prata ao Mérito Deportivo da Federación Española de Hockey (1952).
Vida persoal
editarNeto de Nicolás Paz Pardo
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 10-9-1976, p. 16.