Batalla de Vitoria

A batalla de Vitoria foi librada o 21 de xuño de 1813, entre as tropas francesas, dirixidas polo mariscal Jean-Baptiste Jourdan, que escoltaban a Xosé Bonaparte na súa fuxida de España e un conglomerado de tropas británicas, españolas e portuguesas o mando de Arthur Wellesley, duque de Wellington. A vitoria aliada sancionou a retirada definitiva das tropas francesas de España (con excepción de Cataluña), forzando a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay finalizando así a guerra da Independencia española.

Batalla de Vitoria
Parte de Guerra da Independencia Española, dentro das Guerras Napoleónicas

Monumento a Independencia de España, Praza da Virxe Branca, Vitoria
Data 21 de xuño de 1813
Lugar Vitoria, España
Resultado Decisiva vitoria aliada
Belixerantes
Bandeira de Francia. I Imperio Francés Reino Unido
Reino de España
Reino de Portugal
Líderes
Francia Jean-Baptiste Jourdan
Francia José Bonaparte
Arthur Wellesley
Miguel Ricardo de Álava
Forzas en combate
64.600 homes
153 canóns
78.000 homes
96 canóns
Baixas
15.300 mortos ou feridos
2000 prisioneiros
152 canós capturados
4500 mortos

Trala contenda as forzas francesas en retirada deixaron sobre o campo de batalla numerosas pezas de arte e riquezas, esquilmadas dende 1808 ao longo da xeografía Ibérica, cuantioso patrimonio histórico artístico perdeuse a mercede dos saqueadores que aproveitaron a situación despois da batalla.