Baroña, Porto do Son
San Pedro de Baroña[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE en 2020 tiña 650 habitantes (314 homes e 336 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.
Baroña | |
---|---|
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°41′56″N 9°01′00″O / 42.69888889, -9.01666667 |
Poboación | 650 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNa parroquia están as mámoas de Montemuíño e as mámoas de Raña, amais do castro de Baroña.[2]
A igrexa parroquial de San Pedro de Baroña[3] ten dúas naves como resultado ampliar a nave románica orixinal con outra no lateral esquerdo. Dita ampliación completouse incorporando unha sancristía. A nave principal está cuberta mediante unha bóveda de canón rebaixada executada en ladrillo, rebocada e pintada, pousada sobre muros de cantería. Na cabeceira está a capela maior tamén cuberta cunha bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que descansan sobre semicolumnas. No exterior destacan a espadana centrada na fachada principal, así como os arcos pousados sobre pilastras na fachada sur.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Baroña, Porto do Son.
-
Petróglifos da Gurita
Lugares e parroquias
editarLugares de Baroña
editarLugares da parroquia de Baroña no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Abuín | A Arnela | O Campanario | O Castro | O Covelo | A Igrexa | A Insua | O Lagarto | Lamelas | Lavandeira | Montemuíño | Orellán | Penas | Raña | Soanes | Tarrío | Udres | Vilar |
Parroquias de Porto do Son
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baroña, Porto do Son |