Banco Pastor
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
O Banco Pastor foi un histórico banco galego fundado en 1776, que formaba parte desde 2012 como filial do Banco Popular Español despois do 2019 no Banco Santander. Trátase do segundo banco máis antigo de España, despois do Banco Etcheverría. Operaba en Galicia e a súa sede social estaba na Coruña.
Banco Pastor | |
---|---|
Central do banco na Coruña. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1776 2012 (Banco Popular Pastor) |
Matriz | Banco Popular Español |
Localización | Rúa Cantón Pequeno, 1 15003 A Coruña Galiza |
Fundador | Jaime Dalmau Batista |
Persoas clave | José María Arias Mosquera (presidente) |
Industria | Banca |
Na rede | |
http://www.bancopastor.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEmpezou a súa actividade financeira en 1776 co nome de Jaime Dalmau y Cía. O seu fundador foi Jaime Dalmau Batista, que ata entón xestionara o tráfico de mercancías e pasaxeiros entre o porto da Coruña e varios portos americanos a través da súa navieira. Os emigrantes tiñan por costume enviar os seus aforros a través da compañía navieira e así naceu a idea de crear o banco, que empezou a xestionar todo ese capital.
En 1819 entrou José Pastor Taxonera como novo socio da compañía. Pronto se converteu no buque insignia da compañía e levou todo o peso dos negocios. En 1826 a compañía pasou a chamarse "Dalmau y Pastor".
En 1845 José Pastor Taxonera comprou a compañía, pasando esta a chamarse "José Pastor". Tralo falecemento de José Pastor en 1853 a compañía pasou a chamarse "Pastor Hermanos", tras facerse cargo dela o seu fillo, Juan Ventura Pastor Galcerán, e os medio irmáns deste, José Pastor Horta e Francisco Pastor Horta) en 1860.
En 1868 a compañía pasou a chamarse "José Pastor y Cía." ó quedar como único socio vivo José Pastor Horta. Con el traballaba o seu sobriño, Pedro Barrié Pastor, que se incorporou como socio.
En 1877 faleceu José Pastor Horta, quedando a compañía en mans do seu herdeiro universal: Pedro Barrié Pastor, que mantivo o nome da compañía. En 1888 entrou a colaborar na compañía Ricardo Rodríguez Pastor, pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor".[1] En 1915 Pedro Barrié de la Maza incorporouse como socio ó regresar da súa formación financeira en Alemaña, Gran Bretaña e Francia.
En 1925 a compañía transformouse en Sociedade Anónima e o nome cambiouse a Banco Pastor.[1]
A finais de 1939, coa morte de Rodríguez Pastor, Pedro Barrié de la Maza fíxose co control do banco. Baixo a súa dirección, o Banco Pastor realizou numerosos investimentos, converténdose no grande impulsor do tecido empresarial de Galiza. Eses investimentos tomaron carácter estatal, e o Banco chegou a contar con participacións en empresas como ASTANO, Renfe e Fenosa, fundada en 1943 polo propio Barrié de la Maza.[1]
En 1966 Barrié de la Maza creou a fundación que leva o seu nome. Esta fundación ten como obxectivo seguir impulsando o desenvolvemento cultural e económico de Galiza, sendo na actualidade propietaria do 40% do capital do Banco Pastor.
En 1968 instaláronse nas oficinas do banco as primeiras computadoras de Bull, (dúas GE415). En 1969 a fundación financiou un computador IBM 1130 para a universidade de Santiago.
Tras falecer Pedro Barrié de la Maza en 1971, a súa viúva, Carmela Arias y Díaz de Rábago foi nomeada presidenta do Banco, sendo a primeira muller en presidir un Banco en España. Abandonou dito posto en 2001 por razóns de idade.
A presidencia foi entón asumida polo seu sobriño, José María Arias Mosquera, que tamén é vicepresidente da Fundación Barrié. José María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación de todo o banco que aínda segue en marcha. A reestruturación iniciouse co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005, cumprido con varios meses de antelación. A finais de 2005 presentouse o novo plan estratéxico, Plan Delta, que durará ata decembro de 2008. O obxectivo final destes plans é triplicar o tamaño do banco. Ata a data a marcha do banco demostra o éxito destes plans, pois o valor do Banco en Bolsa pasou dos 700 millóns de euros en 2001, a máis de 3 500 millóns en 2006.
En 2011 a crise financeira afecta plenamente o banco, que suspende os test de estrés europeos. A finais de setembro nomea a Susana Quintás para o posto de directora xeral da entidade, de nova creación, e só uns días despois anúnciase a venda do 100% das accións da entidade ao Banco Popular, que pasa a converterse no propietario da entidade galega. No acordo de compra sinálase que a marca Banco Pastor se mantería en Galicia.
Os días 16 e 17 de marzo de 2019 completouse a integración tecnolóxica no Banco Santander e a conseguinte desaparición da marca Banco Pastor.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banco Pastor |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas
editar- www.bancopastor.es Arquivado 13 de xullo de 2008 en Wayback Machine.