Baíñas, Vimianzo

parroquia civil do concello de Vimianzo

Santo Antoíño de Baíñas[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 725 habitantes (364 mulleres e 361 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2009 cando tiña 829 habitantes (418 mulleres e 411 homes).

Baíñas
Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas.
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°01′44″N 9°01′04″O / 43.0289, -9.0179
Área23,7 km²
Poboación718 hab. (2019)
Densidade30,3 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Poboación

editar

Xeografía

editar

Limita polo norte coas parroquias de Castrelo, Cambeda e Serramo, polo leste co concello de Zas, polo sueste co concello de Mazaricos, polo suroeste co concello de Dumbría e polo oeste coa parroquia de Berdoias.

Baíñas é o segundo núcleo urbano do concello de Vimianzo, con presenza do sector servizos e ao comercio, aínda que nesta parroquia ten moita importancia a gandería e a agricultura.

Patrimonio histórico e artístico

editar

A pegada megalítica nesta parroquia pódese atopar no dolmen de Pedra da Arca, do IV – III milenio a. C., situado no límite co concello de Dumbría, unha das maiores antas de Galicia, que forma parte dun extenso campo de mámoas situado na beira dereita do río Xallas, moitas delas asolagadas polo encoro da Fervenza do río Xallas.[2]

A igrexa de Santo Antoíño de Baíñas ten planta rectangular é unha soa nave. Tellado a dúas augas e corpo acaroado ao muro norte. O templo que se ve actualmente edificouse sobre outro do século XII, que pertenceu ao convento de San Antoíño de Baíñas de monxes bieitos, e do que aínda quedan lenzos de muros, contrafortes, restos de arcadas con capiteis decorados e canzorros con figuras humanas.[3] No muro norte hai un tímpano nunha porta tapiada da antiga igrexa que parece representar a ”fuxida a Exipto”. A fachada é totalmente lisa e sen adornos, ten unha pequena ventá cadrada no centro e de extremos rebaixados. A torre do campanario amosa tres corpos. O primeiro, o das campás, é de base cadrada con ocos de arco de medio punto en cada cara e con pilastras nas esquinas, con cornixa moi voada e remate de pináculos nos catro lados que dan paso ao outro corpo, de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con casetóns e rematada en pináculo.[3]

Festas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Baíñas". Concello de Vimianzo. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-01. 
  3. 3,0 3,1 "Igrexa de San Antoíño de Baíñas". Consultado o 2016-07-21. 

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Baíñas

editar
Lugares da parroquia de Baíñas no concello de Vimianzo (A Coruña)

Baíñas | A Bouza | As Cabazas | A Furaca | A Gándara | Manlle | O Orbellido | O Outeiro | Padreiro de Abaixo | Padreiro de Arriba | Rabós | Santa Comba | O Sisto | O Val | Vilanova

Parroquias de Vimianzo

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar