August Immanuel Bekker
August Immanuel Bekker, nado en Berlín o 21 de maio de 1785 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1871, foi un filólogo e crítico alemán.[1][2]
Nome orixinal | (de) Immanuel Bekker |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de maio de 1785 Berlín, Alemaña |
Morte | 7 de xuño de 1871 (86 anos) Berlín, Alemaña |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, crítico literario, profesor universitario, filólogo clásico, erudito clásico |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Ernst Immanuel Bekker |
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Traxectoria
editarBekker completou a súa preparación clásica na Universidade de Halle baixo a titoría de Friedrich August Wolf, quen o consideraba como o seu alumno máis prometedor. En 1810 foi nomeado profesor de Filosofía na Universidade de Berlín. Durante varios anos, entre 1810 e 1821, viaxou por Francia, Italia, Inglaterra e diversas zonas de Alemaña, para examinar manuscritos clásicos e reunir material para os seus grandes labores editoriais.
Algúns dos froitos das súas investigacións foron publicados na Anecdota Graeca (en tres volumes, 1814-1821), pero os principais escritos atópanse na variedade de autores clásicos que el editou.[3] As súas edicións máis coñecidas son as de Platón (1816-1823), Oratores Attici (1823-1824); Aristóteles (1831-1836); Aristófanes (1829); e vinte e cinco volumes dos cincuenta pertencentes ao Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae.[4][5][6][7][8] Os únicos autores latinos editados por el foron Tito Livio (1829-1830) e Tácito (1831).
Dedicouse por completo á investigación de manuscritos e á crítica textual, á revisión dunha ampla variedade de gramáticas e historiografías bizantinas, pero contribuíu pouco á ampliación doutras erudicións. Os "múmeros de Bekker" convertéronse no xeito estándar de se referir ás obras de Aristóteles e o Corpus Aristotelicum. Foi elixido membro honorario estranxeiro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias en 1861.[9]
Morreu en Berlín aos 86 anos.
Notas
editar- ↑ Westrin, Th. "Bekker, August Immanuel". En Leche, V. el at. Armatoler-Bergsund. Nordisk familijebok: konversationslexikon och realencyclopedi. Estocolmo. 1904. Páxinas 1235-1236. (En sueco)
- ↑ "Bekker, August Immanuel". En Encyclopaedia Britannica. (En inglés)
- ↑ Immanuelis Bekkeri professoris Berolinensis, Anecdota Graeca OCLC 825922400: Lexica Segueriana. Berolini. OCLC 557777081. (En inglés)
- ↑ Plat̄onos Phaid̄on. Platonis Phædo (en latín e grego). A.J. Valpy, A.M. Sumtu Ricardi Priestley. OCLC 799987750.
- ↑ Platōnos Politeia. Platonis Respublica (en latín e grego). J. Valpy, A.M. Sumtu Richardi Priestley. OCLC 22755942.
- ↑ Oratores attici ex recensione Immanuelis Bekkeri (en latín). Clarendoniano. OCLC 460643682.
- ↑ Georgium Reimerum (ed.). Aristoteles graece (en grego). Berolini. OCLC 462165173.
- ↑ Aristophanis Comoediae cum scholiis et varietate lectionis (en latín). OCLC 63546390.
- ↑ "Book of Members, 1780-2010: Chapter B" (PDF). American Academy of Arts and Sciences.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Loeben, Klaus Günther. "Bekker, Immanuel". En Neue Deutsche Biographie. II. Berlín: Duncker und Humblot. 1955. Páxina 24. [ISBN 978-3-428-00181-1]. OCLC 310770433. (En alemán)
- Schröder, Wilt Aden. "Immanuel Bekker: der unermüdliche Herausgeber vornehmlich griechischer Texte". En Bartschi, Annette M; King, Colin G. Die modernen Väter der Antike: die Entwicklung der Altertumswissenschaften an Akademie und Universität im Berlin des 19. Jahrhunderts. Transformationen der Antike III. Berlín. Walter de Gruyter. 2009. Páxinas 329 a 368. [ISBN 978-3-110-19077-9]. OCLC 642690023. (En alemán)
- Von Halm, Karl Felix. "Bekker, Immanuel". "n Allgemeine Deutsche Biographie II. Leipzig: Duncker und Humblot. 1875. Páxinas 300 a 303. OCLC 309922818. (En alemán)
Ligazóns externas
editar- Guide to the Immanuel Bekker Papers 1806-1853. University of Chicago Library. (En inglés)
- Corpus Scriptorum Historiae Byzantine. Páxina con ligazóns aos 50 volumes da colección.
- Aristotelis Opera. Volume 1. (En grego e latín)
- Aristotelis Opera. Volume 2. (En grego e latín)
- Aristotelis Opera. Volume 3. (En grego e latín)
- Aristotelis Opera. Volume 4. (En grego e latín)
- Aristotelis Opera. Volume 5. (En grego e latín)