Arnado, Vilamartín de Valdeorras

parroquia civil do concello de Vilamartín de Valdeorras

San Clemente de Arnado é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 37 habitantes (19 homes e 18 mulleres), 12 menos ca en 2004 (25 mulleres e 24 homes) e 21 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Arnado
Pazo de Arnado
ConcelloVilamartín de Valdeorras[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°24′29″N 7°01′47″O / 42.408058333333, -7.0297472222222
Poboación37 hab. (2014)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

O pazo de Arnado ou pazo de Torre Penela é unha construción civil construída polo maxistrado e deputado Pedro Sanjurjo Flórez (fillo de Pedro Sanjurjo Pérez, conde de Torre Penela) na década de 1890[2]. Está construído con perpiaño e tellado de lousa. O recinto inclúe unha capela e un terreo de 3 ha entre a construción e o río Sil, con cedros do Canadá. Foi mercado pola familia de Pedro Iglesias Naya á viúva de Pedro Sanjurjo, Pilar Agudín Bolívar, coa condición de que esta viviría alí até a súa morte, que aconteceu con 105 anos. O empresario Manuel Candal quixo usar o edificio como centro xeriátrico coa axuda da Deputación de Ourense, pero o proxecto non saíu adiante.[3]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vilamartín de Valdeorras

editar
Lugares da parroquia de Arnado no concello de Vilamartín de Valdeorras

Arnado

Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Arcos (San Lourenzo) | Arnado (San Clemente) | Cernego (San Víctor) | Córgomo (Santa Comba) | Correxais (San Pedro) | O Mazo (Santo Antonio) | A Portela (San Xulián) | San Miguel do Outeiro (Santo Antonio) | San Vicente de Leira (San Vicente) | Valencia do Sil (San Bernabé) | Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar