Arjen Robben

futbolista neerlandés

Arjen Robben (pron. neerlandesa: [ˈɑrjən ˈrɔbə(n)]  ( escoitar)), nado en Bedum o 23 de xaneiro de 1984, é un exfutbolista internacional neerlandés. Robben participou coa súa selección nas Eurocopas da UEFA de 2004, 2008 e 2012, así como nas Copas do Mundo da FIFA de 2006, 2010 e 2014. Xogaba na posición de extremo, nas bandas esquerda ou dereita. Era coñecido pola súa capacidade para driblar, polos seus pases cruzados e pola precisión dos seus tiros de longa distancia coa súa perna esquerda desde o lado dereito do terreo de xogo.

Modelo:BiografíaArjen Robben

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Bedum, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e extremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1989–1996 fútbol base VV Bedum
1996–2000 fútbol base FC Groningen
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–2000 Netherlands national under-15 football team 11(4)
2000–2000   Países Baixos sub-17 3(1)
2000–2002 FC Groningen 46(8)
2001–2002   Países Baixos sub-19 8(2)
2002–2004   PSV Eindhoven 56(18)
2004–2007   Chelsea F.C. 67(15)
2007–2009   Real Madrid CF 50(11)
2009–2019 FC Bayern München 201(99)
2020–2021 FC Groningen 7(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003   Países Baixos sub-21 8(1)
2003–2017   Países Baixos 96(37)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: ArjenRobben FIFA: 184616 UEFA: 57134 Editar o valor en Wikidata

Robben deuse a coñecer co FC Groningen, para que foi o xogador do ano na tempada 2000-01 da Eredivisie. Dous anos despois polo PSV Eindhoven, onde recibiu o título ao Mellor Xogador Novo do ano dos Países Baixos, o coñecido como Premio Johan Cruijff, gañando ademais o título da Eredivisie.[1] Durante a seguinte tempada varios poderosos clubs ingleses tentaron a súa contratación e, despois de prolongadas negociacións, acabou fichando polo Chelsea FC na pretempada de 2004.

O debut de Robben no Chelsea fíxose agardar por mor dunha lesión, mais cando recuperou a forma axudou ao club inglés a gañar dous títulos da Premier League consecutivos, chegando a recibir o premio ao mellor xogador do Mes da FA Premier en novembro de 2005.[2][3] Despois dunha terceira tempada en Inglaterra, interrompida por unha lesión, o xogador neerlandés asinou co Real Madrid español, club que pagaría 35 millóns de euros polo traspaso. En agosto de 2009 foi traspasado de novo, esta vez ao FC Bayern München por un prezo próximo aos 25 millóns de euros,,[4] marcando dous goles no seu debut. Na súa primeira tempada en Múnic, o Bayern gañou o título de Liga, sendo o quinto título de liga de Robben en oito anos, marcando ademais o gol da vitoria na final da Liga de Campións, partido no que foi nomeado como mellor xogador. Despois da súa primeira tempada no club bávaro, tamén foi recoñecido como o Futbolista do Ano en Alemaña.[5]

Traxectoria

editar

Groningen

editar

Robben iniciou a súa carreira sendo aínda pequeno no V.V. Bedum. Neses primeiros anos seguiu as ensinanzas do adestrador neerlandés Wiel Coerver, unha metodoloxía baseada na observación a cámara lenta de movementos característicos de grandes estrelas do fútbol como Pelé, Ferenc Puskás ou Roberto Rivelino e que data dos anos 1970. O seu gran control de balón e un potente disparo fixeron del un valioso e prometedor xogador, polo que asinou rapidamente co FC Groningen. Nas divisións inferiores despuntou rapidamente marcando 50 goles na súa primeira tempada

Pasou ao primeiro equipo para a tempada 1999-00.[6] Jan van Dijk, adestrador do primeiro equipo, fíxoo debutar na Eredivisie o 3 de decembro de 2000, nun encontro fronte ao RKC Waalwijk, substituíndo a Leonardo dos Santos por lesión aos 79 minutos. No seu primeiro ano como profesional co Groningen rexistrou 18 aparicións e 2 goles, acabando o equipo como 14º na Eredivisie, sendo eliminado en terceira rolda da copa polo Fortuna Sittard. Ao concluír o torneo foi contratado polo PSV Eindhoven a cambio de 3,9 millóns de euros, mais ficou en Groningen, en condición de cedido, para reforzar ao equipo e evitar o descenso. Coa nova campaña converteuse en titular do equipo, xogando en 28 ocasións e marcando seis goles. O equipo foi 15º na Eredivisie e chegou aos cuartos de final da copa, onde perdeu ante o AFC Ajax.

PSV Eindhoven

editar

Co dianteiro serbio Mateja Kežman formou unha notábel parella ofensiva bautizada "Batman e Robben" polos seareiros do PSV.[7] O primeiro título do ano disputouno ante AFC Ajax, na Supercopa dos Países Baixos o 11 de agosto de 2002, perdendo por tres goles a un. Entrou no minuto 65 substituíndo a Giorgi Gakhokidze. Con todo, axudou ao PSV Eindhoven de Guus Hiddink a alzarse coa Eredivisie, a décimo sétima para o equipo da Philips, e posteriormente coa Supercopa ante o FC Utrecht, onde marcou o primeiro gol. Na Copa foron eliminados en semifinais ante o propio Utrecht por 2 a 1, mentres que na Liga de Campións da UEFA non pasaron da fase de grupos tras quedar últimos por detrás do Arsenal FC, do Borussia Dortmund e do AJ Auxerre.

Ademais este ano conseguiu o título de Talento do Ano e o premio Johan Cruijff. Durante a súa primeira tempada en Eindhoven, a 2002-03, disputou 33 encontros e anotou 12 goles. O 22 de xullo de 2003 tamén se adxudicou a Copa da Paz, na cal anotou dous goles. En marzo de 2004 o propietario do Chelsea FC Roman Abramovich ofreceulle ao club neerlandés 12,1 millóns de libras (18 millóns de euros) polo extremo e aceptaron.

Creo que podo chegar a ser un mellor xogador no Chelsea e converterme nun dos mellores xogadores de Europa.[8]
Arjen Robben na súa chegada ao Chelsea

A súa final de tempada foi decepcionante, perdeuse a gran maioría dos encontros ao lesionarse recorrentemente. Terminou a súa última campaña co PSV con 5 goles en 23 aparicións.> O equipo quedou en segunda posición na liga tras o AFC Ajax e na Copa foron eliminados en cuartos de final ante o NAC Breda. Na Liga de Campións quedou en terceiro lugar na fase de grupos tras o AS Monaco e o Deportivo da Coruña, o que permitiu ao seu equipo disputar a Copa da UEFA, onde tras pasar dúas roldas perdeu ante o Newcastle United nos cuartos de final.

Chelsea

editar
 
Robben e Čech co título da Premier League en 2006.

Non debutou oficialmente co Chelsea até novembro de 2004, tras recuperarse dunha fractura no metatarsiano dereito que sufriu tras recibir unha entrada do centrocampista francés Olivier Dacourt da AS Roma, nun partido amigábel de pretempada. Xa en activo, marcou consecutivamente ao CSKA Moscova, ao Everton FC, onde foi nomeado Home do Partido, ao Newcastle United e ao Fulham FC. Ese novembro designóuselle Xogador do Mes da Premier League. A pesar de perderse gran parte do campionato por atoparse lesionado dunha fractura de dous ósos metatarsianos do pé esquerdo no partido contra o Blackburn Rovers en febreiro de 2005, terminou a campaña con 7 goles, a segunda cantidade máis alta da súa carreira en só 18 partidos. Ademais conquistou a Premier League, a FA Community Shield e a League Cup co club londiniense, mais foron eliminados polo Liverpool FC nas semifinais da Liga de Campións da UEFA. Polo seu rendemento foi considerado entre os candidatos ao Premio PFA ao xogador novo do ano, con todo, foi vencido polo dianteiro Wayne Rooney do Manchester United. Destacou nas súas primeiras tempadas grazas ao sistema de xogo do portugués José Mourinho, adestrador dos blues, que empregaba un esquema 4-3-3, no que tanto Robben como o irlandés Damien Duff eran empregados como puntas interiores próximos ao dianteiro centro, o marfilés Didier Drogba, para aproveitar a amplitude do campo.

Recuperouse completamente das súas lesións para a Premiership 2005-06, na que apareceu en 28 encontros, marcou en seis ocasións e adxudicouse por segundo ano consecutivo o título. Na Liga de Campións da UEFA 2005-06 o equipo chegou até os oitavos de final, pero foron eliminados polo futuro campión da competición, o FC Barcelona. Na Carling Cup foron eliminados na terceira rolda ante o Charlton Athletic e na FA Cup en semifinais ante o Liverpool. Durante o transcurso da liga viu os primeiros dous cartóns vermellos da súa carreira, ante o Sunderland e o West Bromwich Albion, e tivo un altercado coa meta do Liverpool F.C. Pepe Reina. Tras cometer unha falta o porteiro sobre o dianteiro islandés Eiður Guðjohnsen, Reina supostamente recibiu fortes palabras de Robben e en resposta deulle a man na súa cara, Robben caeu e o gardameta foi expulsado. Reina acusouno de "farsante", no rotativo Daily Star:

Estou furioso con el polo ocorrido, Robben é un gran actor e fixo o suficiente como para gañarse un Oscar.[9]

Coa finalización da Copa do Mundo de Alemaña integráronse ao conxunto o dianteiro ucraíno Andriy Shevchenko, o centrocampista alemán Michael Ballack e o defensa inglés Ashley Cole. Debido a estas incorporacións Mourinho modificou o seu esquema 4-3-3 por un 4-1-3-2, e deixou no banco ás puntas. Porén, coa baixa do centrocampista Joe Cole por lesión regresou á titularidade. A comezos de ano perderon a Community Shield ante o Liverpool por 2 a 1, na que xogou como titular 62 minutos. Foi o máis destacado ante o Wigan Athletic, nos encontros de decembro de 2006 e xaneiro de 2007, e tras poucas semanas de titular lesionouse ante o Liverpool o 20 de xaneiro. Volveu nun par de semanas e colaborou na vitoria ante o Middlesbrough por 3 a 0. Participou na final da League Cup, contra o Arsenal F.C. que gañaron por 2 a 1, e marcoulle ao FC Porto nos oitavos de final da Liga de Campións. Con todo, en marzo lesionouse o menisco lateral do seu xeonllo esquerdo nun partido coa súa selección e foi baixa por un mes. Retornou á actividade na semifinal da Liga de Campións, que perderon ante o Liverpool F.C. nos penaltis. Terminou o ano gañando a FA Cup ante o Manchester United e disputando 21 partidos de liga, nos que anotou 4 goles.

En agosto de 2007 o Real Madrid realizou unha oferta conxunta de 40 millóns de euros ao Chelsea pola fichase de Robben e de Michael Ballack. Bernd Schuster, novo adestrador do equipo de Madrid, declarou abertamente o seu interese por Ballack mentres Ramón Calderón, daquelas presidente do club castelán, prometeu ao neerlandés na súa campaña presidencial. Robben, que non levaba unha boa relación con José Mourinho, declarouse feliz polo interese do club.

Real Madrid

editar
 
Robben no Real Madrid.

O 22 de agosto de 2007 o Real Madrid chegou a un acordo co Chelsea para fichar ao internacional neerlandés. A operación, taxada en 24 millóns de libras (36 millóns de euros) e cinco anos de contrato, significou a Ramón Calderón, presidente do club castelán, cumprir cunha das súas promesas de campaña. Foi presentado o 24 de agosto, xunto ao defensa arxentino Gabriel Heinze, ante 5,000 afeccionados no Estadio Santiago Bernabéu. Debutou o 18 de setembro, relevando a Raúl no minuto 84, ante o Werder Bremen nun partido da fase de grupos da Liga de Campións. Recuperado dunha lesión, estreouse na liga española o 23 de setembro, ante o Real Valladolid, nun partido que terminou 1 a 1. Até o 2 de xaneiro de 2008 non anotou o seu primeiro gol, ao Alicante CF, nun partido correspondente á Copa do Rei. Na liga, anotou o seu primeiro gol o 10 de febreiro ante o Real Valladolid, partido que terminou 7 a 0. Esa primeira tempada disputou 21 encontros, marcou en catro ocasións e obtivo o título de Liga.

No inicio da tempada 2008-09 conquistou a Supercopa tras bater no Bernabéu ao Valencia CF (4-2, global 6-5). Tras a marcha do brasileiro Robinho ao Manchester City adquiriu máis protagonismo no once de Bernd Schuster. En decembro de 2008 Schuster foi substituído no banco polo español Juande Ramos, finalizando a tempada con sete goles en 29 partidos, e sendo un dos mellores do equipo. Con todo, neses dous anos tivo unha media de aproximadamente unha lesión cada cinco xornadas, faltando a preto do 40% dos partidos. Durante o verán de 2009, especulouse coa súa saída, especialmente tras o desembolso realizado por Florentino Pérez con Kaká e Cristiano Ronaldo. O extremo neerlandés expresou durante a pretemporada o seu desexo de permanecer no equipo, especialmente tras a boa pretempada que estaba a realizar. Porén, e a pesar de que restaban só catro días para o peche do mercado de fichaxes, o Real Madrid decidiu traspasalo ao Bayern de Múnic o 27 de agosto de 2009. O club bávaro confirmou o traspaso nun comunicado oficial, sinalando que asinou un contrato por catro anos e levaría a camiseta co número 10, deixada polo seu compatriota Roy Makaay. O custo da operación non foi precisado, pero estimouse en 25 millóns de euros. Tras o seu traspaso, Jorge Valdano explicou que foi Robben o que pediu irse do club para poder acumular máis minutos de xogo, pois o Mundial estaba a tan só un ano e nos partidos só estivera adestrando para xogar uns minutos no segundo tempo.

Bayern München

editar

O 27 de agosto de 2009 chegou a Múnic para pasar recoñecemento médico e asinar co seu novo club, o FC Bayern. Á súa chegada ao Aeroporto de Múnic declarou:

Aquí síntome benvido. É un club grande cunha gran historia, e estou contento de estar aquí.[10]

Foi o home máis destacado do equipo no seu debut na Bundesliga, o 29 de agosto, anotando dous do tres goles con que o seu equipo venceu ao VfL Wolfsburg, a pesar de xogar só 45 minutos. O 30 de setembro lesionouse durante o partido contra a Juventus, correspondente á fase de grupos da Liga de Campións, sufrindo unha inflamación de xeonllo que lle mantivo unhas semanas fóra dos terreos de xogo. Volveu o 24 de outubro para xogar 30 minutos e anotar un gol ante o Eintracht Frankfurt na xornada 10, e repetiu gol na 17 ante o Hertha BSC Berlin e consecutivamente ante o Werder Bremen, 1. FSV Mainz 05, VfL Wolfsburg e Borussia Dortmund.

 
Robben na final da Champions League 2012.

Outra vez na Liga de Campións, o 3 de novembro, disputou o partido ante o Girondins de Bordeos que perderon por 0 a 2, aínda que se clasificaron tras derrotar á Juventus no partido decisivo. Nos oitavos de final disputou ambos os partidos ante a ACF Fiorentina e anotou nos dous encontros, clasificando ao seu equipo para a seguinte rolda. O 10 de febreiro anotou un gol na vitoria por 6 a 2 na Copa de Alemaña ante o SpVgg Greuther Fürth e outro nas semifinais ante o Schalke 04. O 13 de marzo dous goles seus supuxeron a remontada por 2-1 fronte ao SC Freiburg na Bundesliga. Na volta dos cuartos de final da Liga de Campións ante o Manchester United, o 7 de abril, anotou coa perna esquerda o 3 a 2 que clasificaba ao seu equipo para as semifinais tras un global de 4 a 4. O 21 de abril na ida da semifinal, ante o Olympique Lyonnais, marcou o único gol do partido, desde 25 metros e na volta gañaron 3-0 para pasar á final. O 1 de maio consagrouse campión da Bundesliga, a falta dun partido, tras gañar na xornada 33 ao VfL Bochum por 3-1, e 15 días máis tarde gañou a Copa de Alemaña ante o Werder Bremen por 4-0, sendo o primeiro gol seu de penalti no minuto 35. A final da Liga de Campións enfrontoulles ante o Inter de Milán, que tamén gañara en Italia a Liga e a Copa. O partido disputouse o 22 de maio en Madrid e dous goles de Diego Milito deron o título aos italianos que se adxudicaron o seu terceiro título.

A tempada 2010-11 comezou mal para o xogador despois de que unhas probas médicas confirmasen que o seu tendón non estaba curado correctamente. Karl-Heinz Rummenigge comentou respecto diso que estaban moi anoxados cos resultados, e que a Real Federación de Fútbol dos Países Baixos debía compensalos. O 15 de xaneiro de 2011, volveu xogar como substituto no partido que lle enfrontou ao VfL Wolfsburg e que terminou 1-1. Foi nomeado ao premio ao "Mellor Centrocampista da UEFA Champions League", mais finalmente gañou o recoñecemento o seu compatriota Wesley Sneijder. Tamén estivo nomeado ao FIFA Balón de Ouro 2010, ao "FIFPro World XI 2010" e ao "premio FIFA Puskás", ao mellor gol do ano, porén, non gañou ningún deles. Tras completar o seu equipo unha mala tempada na Bundesliga, foron eliminados nos oitavos de final da Liga de Campións tras un gol do xogador do Inter de Milán Goran Pandev no minuto 88 do encontro de volta.

Durante a tempada 2012-13, o xogador logrou gañar a Bundesliga, tendo un moi bo estado de forma, onde anotou 5 goles en 16 partidos xogados. Ademais axudou ao seu equipo a chegar á final da Liga de Campións tras gañar ao FC Barcelona por un global de 7-0. Na final, o 25 de maio, volveu ser determinante, xa que anotou o gol decisivo aos 89 minutos ante o Borussia Dortmund, conquistando así a súa primeira Liga de Campións. Na camapa 2013-14, con Josep Guardiola, conseguiu gañar os títulos da Bundesliga, DFB-Pokal e UEFA Super Cup.

Títulos

editar
 
Robben coa Selección dos Países Baixos.
PSV
Chelsea
Real Madrid
Bayern Munich

Selección

editar

Individual

editar
  1. uefa.com, ed. (23 de setembro de 2008). "UEFA Champions League – Players – Robben" (en inglés). Archived from the original on 27 de setembro de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  2. ChelseaFC.com (ed.). "Arjen Robben" (en inglés). Archived from the original on 16 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  3. Premierleague.com, ed. (2005). "FA Premier League Seasonal awards 2004/05" (en inglés). Archived from the original on 20 de xuño de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  4. sky sports, ed. (28 de agosto 2009). "Real cash in on Dutch duo" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  5. kicker Online, ed. (8 de agosto de 2010). "Arjen Robben ist Fußballer des Jahres" (en alemán). Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  6. ABC, ed. (30 de xuño de 2004). "Arjen Robben, regates, fintas e centros... desde la banda". Consultado o 7 de xullo de 2014. 
  7. Corrigan, James (25 de outubro de 2004). The Independent, ed. "Bridge illuminated by the flight of Robben". Consultado o 7 de xullo de 2014. 
  8. "Chelsea sing Robben". BBC News (en inglés). Tradución do orixinal. Consultado o 7 de xullo de 2014. 
  9. BBC, ed. (7 de febreiro de 2006). "Reina furious at Robben 'acting'". Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  10. El Universal, ed. (2009). "Arjen Robben concreta firma con el Bayern Munich" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de abril de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar