Areas, Bordóns, Sanxenxo
lugar da parroquia de Bordóns, no concello de Sanxenxo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Areas.
Areas é un lugar da parroquia de Bordóns do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes (62 mulleres e 61 homes), un máis ca en 2009 e sete máis ca en 2004.
Areas | |
---|---|
Praia de Areas | |
Parroquia | Bordóns |
Concello | Sanxenxo |
Coordenadas | 42°23′47″N 8°46′44″O / 42.396277505679, -8.7790255240368 |
Poboación | 123 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este lugar dista 2,2 quilómetros da capital do concello. Sitúase a carón de Areas (Dorrón).
A praia de Areas, aberta á ría de Pontevedra, posúe uns 720 m de lonxitude. Está composta por area branca e fina. Accédese a ela desde a estrada PO-308.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bordóns
editarLugares da parroquia de Bordóns no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Areas | Carballal | Chan de Vila | A Lamela | Nanín | O Outeiro | A Regata | Sear |