Arcadio López-Casanova
Arcadio López-Casanova, nado en Lugo o 5 de marzo de 1942[1] e finado en Valencia o 11 de abril de 2022[2], foi un escritor e crítico literario galego. Máis coñecido como poeta, foi tamén profesor de Literatura, crítico literario e cultivou ademais o teatro e a literatura infantil. Os seus primeiros libros de poesía reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia e a inocencia perdida. Estas arelas están mesturadas cun dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra maior preocupación formal. Emprega versos de longa andaina entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditacións íntimas sobre a morte.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1942 Lugo, España |
Morte | 11 de abril de 2022 (80 anos) Valencia, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, catedrático, docente, crítico literario |
Empregador | Universidade de Valencia |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diciopedia do século 21 |
Traxectoria
editarMalia nacer en Lugo, pasou a infancia na casa da avoa paterna, no Páramo. Regresou a Lugo para cursar o bacharelato no Instituto Masculino e, neste tempo, trabou amizade con Manuel María e coa súa compañeira, Saleta Goi, persoas decisivas na súa formación.[3] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell.[4] El mesmo lembrou[5]:
... o meu primeiro tempo de estancia en Compostela, onde fixen dous grandísimos achádegos: dunha banda tomei conciencia viva e rexa da nosa lingua, de Galicia e ademirei a leición ética i o que siñifica fidelidade á Terra no home que considero o meu mestre: Ramón Piñeiro; de outra, o vencellamento fondo cos compoñentes da miña xeración, -Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Xavier Carro, Carlos Casares- unidos todos, como tiña que ser, por unha íntima identidade de problemas e máis tamén de visión da nosa razón de ser nista hora galega e do mundo...
Membro da asociación cultural O Galo, formou parte do círculo máis próximo de Ramón Piñeiro, que resultou decisivo na súa formación e o acompañou na evolución literaria. Participou no Consello da Mocedade, organización clandestina da mocidade nacionalista entre 1963 e 1964.[3]
Doutorouse en Filoloxía.[6] Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia. En 1961 editou o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas Festas Minervais e noutros certames literarios.[7]
Xa de volta na súa cidade natal, continuou coa actividade cultural. Organizou e dirixiu o primeiro Curso de galego (1965) e unha homenaxe a Luís Pimentel. Asistiu ao faladoiro lugués de Celestino Fernández de la Vega, colaborou na prensa con artigos de temática literaria e fundou a colección "Ronsel" de poesía. Comezou a impartir docencia no Colexio Fingoi, baixo a dirección do profesor Ricardo Carvalho Calero e como compañeiro de Xosé Luís Méndez Ferrín, e pasou logo ao instituo masculino (actual Lucus Augusti), onde coincidiu cos catedráticos Xesús Alonso Montero e Amable Veiga.[7]
En 1968 trasladouse a Valencia para ocupar unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 foi profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia, rematando de profesor emérito.[8] Impartiu materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.[7][9]
Foi profesor convidado nas Universidades de Roma, Boloña e Milán.[6]
En 2012 foi elixido membro de honra da Real Academia Galega, o seu discurso foi A modernidade poética de Rosalía: unha interpretación, respondido por Xesús Alonso Montero o 9 de novembro de 2013.[10]
Traxectoria literaria
editarSegundo o Diccionario da literatura galega'[11]:
Foi considerado xunto con Méndez Ferrín e Manuel Vilanova un dos autores que marcan a fronteira entre a poesía social e a xeración dos oitenta co seu poemario Mesteres... Xa desde os seus primeiros libros se nota o interese de López-Casanova por investigar todas as posibilidades expresivas e estéticas da palabra, mesmo naqueles textos de carácter existencial, metafísico ou social, e, de feito, este interese levouno tanto ó terreo da creación como ó da investigación. As recorrencias textuais, en calquera dos graos e manifestacións posibles chámanlle poderosamente a atención. Este interese é o que o leva a emprender a técnica do collage, quer dicir, a incluír textos doutros autores nos seus propios, sendo esta unha das marcas máis claras do culturalismo que a partir de 1976 vai triunfar na poesía galega.
Sinala, ademais, o DdLG, dúas etapas na súa obra. Nos primeiros textos a preocupación formal vai da man do lirismo e o canto civil. A segunda, desde 1972, está dominada pola preocupación formal.[11]
Pode encadrarse entre os Novísimos do 68 na literatura galega. Son escritores españois da súa xeración Manuel Vázquez Montalbán, Antonio Martínez Sarrión, José María Álvarez, Félix de Azúa, Pere Gimferrer, Vicente Molina Foix, Guillermo Carnero, Ana María Moix e Leopoldo María Panero.[12]
Obra literaria
editarEn galego
editarPoesía
editar- Sonetos da esperanza presentida (1965). Lugo: Ronsel.
- Palabra de honor (1967). Vigo: Galaxia. 82 páxs. ISBN 978-8471540829.
- Liturxia do corpo (1976). Sada: Ediciós do Castro. 64 páxs. ISBN 978-8474921755.
- Memoria dunha edá (1960-1975) (1976). Madrid: Akal. 72 páxs. ISBN 9788473391580.
- Mesteres (1976). Valencia: Lindes-Cuadernos de Poesía. Segunda edición aumentada e revisada en 1987. Nova edición en 1999 en Xerais a cargo de Román Raña, ISBN 978-84-8302-412-6 (136 páxs.). Foi traducida ao castelán.[13]
- Antología personal (1987). Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Edición bilingüe galego-castelán. 136 páxs. ISBN 978-84-86046-26-2.
- Noite do degaro (1994). Vigo: Galaxia. 76 páxs. ISBN 978-84-7154-904-4.
- Do tempo posuído. Poesía (1960-2000) (2003). Culleredo: Espiral Maior. 238 páxs. ISBN 84-95625-57-1.[14]
- Dicir unha razón (varia silva de proverbios, ditados e glosas) (2006). Santiago de Compostela: Follas Novas. ISBN 978-84-85385-94-2.
- Herdo do canto (2006). Arte de Trobar, PEN Clube de Galicia/Enaú.[15] 122 páxs. ISBN 978-84-933404-6-9.
- Caeira dos días (2007). Betanzos: Biblos Clube. 104 páxs. ISBN 978-84-935609-8-0.
- As voces da máscara (2014). Arte de Trobar. PEN Clube de Galicia. 80 páxs. ISBN 978-84-617-0741-6.[16]
- Diario da Casa Grande (2019). Arte de Trobar. PEN Clube de Galicia. ISBN 978-84-09-15043-4.[17]
Literatura infanto-xuvenil
editar- O bosque de Ouriol (1973). Vigo: Galaxia. 52 páxs. ISBN 978-8471541734. Debuxos de Mina.
- Cancioneiriño (Do tempo e a paisaxe, dos traballos e das festas). Versos para xente nova. (2016). Santiago: Follas Novas. 100 paxs. ISBN 978-84-608-8264-0.
Ensaio
editar- Luís Pimentel e Sombra do aire na herba (1990). Galaxia, Ágora. 140 páxs. ISBN 9788471547163.
- Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética (1994). Fundación Alfredo Brañas. 33 páxs. ISBN 978-84-88051-46-2.
- Diccionario metodolóxico de análise literaria. I. A poesía. Textos líricos galegos da Idade Media ós nosos días. (2001). Vigo: Galaxia. 448 páxs. ISBN 978-8482884622.
Teatro
editar- Orestes (1963). Revista Grial. Finalista do I Certame Galaico-Portugués do Miño, celebrado en Lugo en 1960.[18][19]
Obras colectivas
editar- Antonio Machado na nosa voz (1966). Lugo: Círculo das Artes.
- Castelao na voz dos poetas (1970). Sada: Ediciós do Castro.
- Poetas gallegos de postguerra (1971). Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
- Ocho siglos de poesía gallega (1972). Madrid: Alianza. Edición bilingüe galego-castelán.
- Luís Pimentel. Unha fotobiografía (1990). Vigo: Xerais.
- Comentarios de textos contemporáneos (1992). Vigo: Xerais.
- Eduardo Blanco Amor (1993). Xunta de Galicia.
- Polos camiños da literatura. Escritores galegos do PEN (1993). Xunta de Galicia.
- 50 anos de poesía galega. II (1994). Penta.
- Luís Seoane (1994). Xunta de Galicia.
- Actas do Congreso Roberto Blanco Torres (1999). Xunta de Galicia.
- Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero (1999). Universidade de Santiago.
- Roberto Blanco Torres. Vida e obra (1999). Vigo: Xerais.
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001). Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003) Consello da Cultura Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011). Santiago: Laiovento.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña.
- Rosalía na cobiza do lonxe (2013). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Os aforismos do riso futurista (2016). Vigo: Xerais.
En castelán
editarPoesía
editar- Hombre último (1961). Lugo: Celta.
- La oscura potestad (1979). Madrid: Rialp. 90 páxs. ISBN 978-8432119712.
- Razón de iniquidad (1991). Melilla: UNED. Rusadir, nº 18.
- Asedio de sombra (1997). Madrid: ONCE. ISBN 84-484-0096-8.
- En oscuro desvelo: poesía, 1972-2002 (2003). Valencia: Institución Alfonso el Magnanimo. 200 páxs. ISBN 978-8478224043. Obra poética completa.
Narrativa
editar- Tío Mingos: cuentos de Galicia (1958). Lugo: Imprenta Palacios.
Ensaio
editar- Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea (1979). Universidade de Valencia, Facultade de Filosofía e Letras. 1942 páxs.
- Estructuras correlativas y función estilística (1989).
- Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales (1991). Publicacions de la Universitat Jaume I. 180 páxs. ISBN 978-8480210003.
- La poesía romántica (1991). Anaya Infantil y Juvenil. 96 páxs. ISBN 978-8420740300.
- Miguel Hernández, pasión y elegía (1993). Anaya Infantil y Juvenil. 96 páxs. ISBN 978-8420749228.
- El texto poético. Teoría y metodología (1994). Salamanca: Colegio de España. 180 páxs. ISBN 978-8486408350.
- El relato fantástico: historia y sistema (1998). Salamanca: Colegio de España. Con Antón Risco e Ignacio Soldevila (eds.).
- Macrotexto poético y estructuras de sentido: análisis de modelos líricos modernos (2007). Tirant lo Blanch. ISBN 9788484569947.
Edicións
editar- El sombrero de tres picos, de Pedro Antonio de Alarcón (1974 Madrid: Cátedra.
- Antología poética, de Rosalía de Castro (1985. Alhambra.
- Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura (1986). Anaya.
- Flor de santidad. La media noche, de Ramón del Valle-Inclán (1995). Espasa-Calpe.
Obras colectivas
editarCon Eduardo Alonso
editarPremios
editarGalego
editar- Premio das Festas Minervais en 1962, 1963, 1964 e 1965.
- Gañador Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1972, por O bosque de Ouriol.
- Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 1984, por Liturxia do corpo.
- Premio de poesía Caixanova no 2005, por Herdo do canto.
- Premio Cultura Galega das Letras da Xunta de Galicia, no 2011.
- Premio Voz de Liberdade 2015 do Pen Galicia.[20]
- Premio Otero Pedrayo no 2016.[21]
Castelán
editar- Premio Adonais no 1978, por La oscura potestad.
- Gañador do Premio Internacional Ciudad de Melilla no 1991, por Razón de iniquidad.
- Premio Tiflos no 1997, por Asedio de sombra.
Notas
editar- ↑ "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ Arsenio Coto (11/4/2022). "El mundo de las letras gallegas llora la muerte de Arcadio López Casanova". El Progreso.
- ↑ 3,0 3,1 "Pesar polo falecemento de Arcadio López Casanova". Nós Diario. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ "López Casanova , Arcadio". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-04-12.
- ↑ López-Casanova, Arcadio (1967). Palabra de honor. Salnés 21. Vigo: Galaxia.
- ↑ 6,0 6,1 "Arcadio López - Casanova Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "López-Casanova, Arcadio". Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ "Datos personales". uv.es. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ "Arcadio López-Casanova - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 11/4/2022.
- ↑ López-Casanova, Arcadio; Montero, Xesús Alonso (2013-03-01). A modernidade poética de Rosalía. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-88-5.
- ↑ 11,0 11,1 Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 345. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ S. Zapata, André (12/3/2022). "Adeus a un escritor que deixou pegada na xeración dos Novísimos". La Voz de Galicia.
- ↑ "Mesteres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27/5/2020. Consultado o 5/1//2019.
- ↑ "Do tempo posuído [Poesía 1960-2000] Espiral Maior LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 11/4/2022.
- ↑ crebas. "Recensión a Herdo do canto, de Arcadio López-Casanova en Grial 171 (2006) crebas.gal". Consultado o 11/4/2022.
- ↑ García Negro, María Pilar. "As voces da máscara". Nós Diario. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ Seara, Teresa (Xaneiro-xuño, 2020). "Herdo do corazón". Grial. LVIII (225, 226): 78. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Orestes de Casanova" (PDF). anmal.uma.es. Consultado o 11/4/2022.
- ↑ Xestoso, Manuel (15/4/2022). "O teatro esquecido de López-Casanova". Nós Diario.
- ↑ "Arcadio López- Casanova, premio Voz de Liberdade 2015 do Pen Galicia". La Voz de Galicia. 29/10/2015. Consultado o 12/4/2022.
- ↑ "Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015". Diputación de Lugo. Consultado o 11/4/2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "López-Casanova, Arcadio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 252.
- "López-Casanova, Arcadio". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1248. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "López-Casanova, Arcadio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 232. ISBN 84-7492-465-0.
- Rodríguez Fer, Claudio (1990). Poesía galega: crítica e metodoloxía. Universitaria. Xerais.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 345–346. ISBN 84-8288-019-5.
- ———, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.