Ar (atmosférico)

mistura de gases que constitúe a atmosfera terrestre

Ar ou aire son os nomes que recibe a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade.

O ar é esencial para a vida no planeta, é particularmente delicado e é transparente a simple vista. Está composto en proporcións lixeiramente variábeis por substancias tales como o nitróxeno (78%), osíxeno (21%), vapor de auga (variábel entre 0-7%), ozono, dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon.

A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición do aire. A presión do aire diminúe coa altitude.

O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.

A atmosfera terrestre divídese en catro capas: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera e a termosfera. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á Terra: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o argon e o neon. Nesta capa atópanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso clima.

Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de ozono que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).

Composición do ar seco, por volume
ppmv: partes por millón por volume (nota: a fracción volumétrica soamente é igual á fracción molar para gases ideais)
Gas Volume
Nitróxeno (N2) 780.840 ppmv (78,084%)
Osíxeno (O2) 209.460 ppmv (20,946%)
Argon (Ar) 9.340 ppmv (0,9340%)
Dióxido de carbono (CO2) 380 ppmv (0,0380%)
Neon (Ne) 18,18 ppmv (0,001818%)
Helio (He) 5,24 ppmv (0,000524%)
Metano (CH4) 1,79 ppmv (0,000179%)
Kripton (Kr) 1,14 ppmv (0,000114%)
Hidróxeno (H2) 0,55 ppmv (0,000055%)
Óxido Nitroso (N2O) 0,3 ppmv (0,00003%)
Xenon (Xe) 0,09 ppmv (9×10−6%)
Ozono (O3) 0,0 a 0,07 ppmv (0% a 7×10−6%)
Dióxido de nitróxeno (NO2) 0,02 ppmv (2×10−6%)
Iodo (I) 0,01 ppmv (1×10−6%)
Monóxido de carbono (CO) 0,1 ppmv (0,00001%)
Amoníaco (NH3) trazas
Vapor de auga (H2O) ~0,40% na atmosfera toda, tipicamente 1%-4% na superficie

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar