Anuario Brigantino


O Anuario Brigantino é unha publicación anual editada polo concello de Betanzos dende 1948. A revista está ligada ao Museo das Mariñas onde se poden adquirir os exemplares.

Anuario Brigantino

Portada do primeiro número. Editar o valor en Wikidata
Formato de páxina24 x 28 cm.
Nº de páxinasvariable
Fundación1948
DirectorÁngel Arcay Barral
FundadorFrancisco Vales Villamarín
EditorConcello de Betanzos
LinguaGalega, castelá
LocalidadeBetanzos
ÁmbitoGaliza
PredecesorXogos Froraes (1918)[1]
ISSN1130-7625
Na rede
https://concello.betanzos.es/cultura-betanzos/
BNE: bise0000002576 HemBNE: 97886663 Dialnet: 7093
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Fundado por Francisco Vales Villamarín en 1948. Revista de investigación histórica, artística, literaria e antropolóxica de ámbito galego aínda que centrada especialmente na temática betanceira. Conta tamén cunha recompilación dos acontecementos do ano e coas memorias de actividades das diferentes asociacións locais.

O Anuario Brigantino é unha das publicacións incluída na categoría C-Normal segundo valoración do Ministerio de Cultura de España integrada na base de datos ISOC de Ciencias Sociais e Humanidades, clasificada pola UNESCO. Os seus artigos son seguidos nas bases de dados do CSIC e consta na categoría D de Ciencias Sociais e na C de Ciencias Humanas para a Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC).

Números

editar

O Anuario Brigantino publicouse por primeira vez en 1948, dende entón teñen saído máis de corenta números. Todo o contido da revista está accesible en liñas, en repositorios como Dialnet[2]

Os primeiros números, dirixidos por Francisco Vales Villamarín estaban directamente ligados á revista dos Xogos Froraes publicada en 1918, organizados polas Irmandades da Fala. Despois dos números de 1948 e 1949 non se publicou en 1950, retomándose en 1951 e deixándose de publicar novamente durante trinta anos.

En 1981 retomouse a publicación, da man do mesmo director, ata a chegada de Alfredo Erias ao Museo das Mariñas en 1983, encargándose entón da súa edición ata o ano 2020 no que se xubilou. O número 44, relativo ao ano 2021[3], xa foi dirixido polo novo director do Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral[4]

  1. Página Web del Anuario Brigantino La Opinión de A Coruña, 28 de setembro de 2007.
  2. "Anuario brigantino". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-01-02. 
  3. "Ángel Arcay, director del Anuario brigantino: «Publicamos un traballo de deportados betanceiros nos campos nazis»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-01-07. Consultado o 2023-01-08. 
  4. "Ángel Arcay obtiene la plaza de director del Museo das Mariñas". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2022-07-09. Consultado o 2023-01-02.