Angry Birds (videoxogo)

videoxogo de 2009

Angry Birds é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile que comezou a franquía Angry Birds. Inspirado principalmente por un bosquexo de paxaros sen ás e estilizados, o xogo foi estreado para iOS e Maemo en decembro de 2009.[2][3] Dende entón, máis de 12 millóns de copias foron mercadas para iOS na App Store,[4] o cal levou á compañía a deseñar versións para móbiles intelixentes baseados en pantalla táctil, sendo as máis destacables Android, Symbian, Windows Phone e BlackBerry 10. Dende entón, o título espallouse a xogos de consola e de PC. A súa secuela, Angry Birds 2, foi estreada o 30 de xullo de 2015.

Angry Birds
Desenvolvedor(es)Rovio Entertainment
Distribuidora(s)Chillingo
Clickgamer (versións iOS e PSP)
Rovio Mobile
Produtor(es)Raine Mäki
Harro Grönberg
Mikko Häkkinen
Deseñador(es)Jaakko Iisalo
Artista(s)Tuomas Erikoinen
Compositor(es)Ari Pulkkinen
MotorSDL,[1] Box2D
Lanzamento2009
XéneroCrebacabezas
Modos de xogoUn xogador
SerieAngry Birds
Na rede
rovio.com
IMDB: tt2061577 Facebook: angrybirds Twitter: angrybirds Instagram: angrybirds Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

No xogo, o xogador emprega un tirapedras para disparar paxaros ós porcos que están situados dentro ou arredor de diversas estruturas. O principal obxectivo é destruír tódolos porcos da pantalla. Conforme os xogadores avanzan no xogo, novos tipos de paxaros están dispoñibles, cada un coas súas habilidades especiais que poden ser activadas.

  1. Galaxygameworks.com (ed.). "SDL Testimonials". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  2. IGN.com, ed. (12 de decembro de 2009). "Angry Birds Review". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  3. Talk.Maemo.org, ed. (11 de febreiro de 2010). "Angry Birds". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  4. SymbianFreak.com, ed. (22 de outubro de 2010). "The Supremely Addicting Angry Birds Hits 42 Million Free and Paid Downloads". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

editar